25 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: A SELECCIÓN DE CAMBADOS, POBOACIÓN DE CAMBADOS, ANIVERSARIO DE CASTELAO, LOUZAN E A SELECCIÓN, EXAME NO CABANILLAS

A SELECCIÓN DE FÚTBOL DE CAMBADOS A MUNICH.
A selección de Cambados con sede oficial no Pub A Leria está a iniciar xestións para a inminente convocatoria dunha reunión co fin de resolver flocos para o vindeiro partido internacional, que xa seria o terceiro, a celebrar en datas a determinar no mes de xullo, o que si está claro ó parecer e o destino e ese vai ser Munich, a viaxe deberá ser de sábado a martes. As datos propostas son do 9 de xullo o 12 de xullo ou de 16 de xullo o 19 de xullo.
A tal efecto e para recadar fondos non se descarta que pola organización se organice a comparsa “Corchiños” para sacar cartos para o viaxe, obviamente os integrantes serian os que viaxen a Munich.

CAMBADOS TERCEIRA POBOACIÓN DO SALNÉS CON MAIS HABITANTES
Vilagarcía segue sendo, como cabía esperar, o municipio arousán con máis veciños. Séguenlle Sanxenxo, con 17.500 habitantes, Cambados, onde residen 13.872 persoas, e O Grove, con 11.297. A continuación sitúase Vilanova, que en 2010 tiña no seu padrón 10.682 nomes. Os demais municipios mantéñense na contorna dos 5.000 habitantes; concretamente, en Meaño son 5.455; en Ribadumia 5.028; en Meis 5.003; e na Illa 5.000 exactos.

125 ANIVERSARIO DE CASTELAO
Desde “Galiza Cultura”, a Federación de Asociacións Culturais de Galiza, promóvese que o día 30 de xaneiro se homenaxee a Castelao, no seu 125 aniversario, nas principais vilas e cidades de Galiza.
Editouse unha faixa para colocar en edificios emblemáticos que lembren a figura máis senlleira da nosa cultura e celebrarase coincidindo coa colocación desta, diversos actos nos que se tratará de recordar quen foi Castelao. Elixiuse como hora de referencia ás 13:00 e todas aquelas asociacións ou entidades que desexen participar neste acto poden pórse en contacto coa federación a través do correo electrónico ou a web.
Este será o acto inaugural deste ano no que se pretende desenvolver actividades sobre a importancia de Castelao para a nosa lingua e cultura, así como dar a coñecer a súa vida e pensamento.
Para máis información: www.galizacultura.org



CANTO CUSTARA O PARTIDO DA SELECCIÓN EN PASARON?
Louzán confirma que o partido da Selección Española en Pasarón está moito máis cerca O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mantivo unha reunión co presidente da Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar, en Madrid. Nesa reunión, que se prolongou por máis de tres horas, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, pediulle ao seu homólogo da Federación Española de Fútbol que o partido que está previsto que xogue a Selección no Estadio Municipal de Pasarón se dispute durante o 2011. A demanda foi acollida de xeito favorable por Ángel María Villar que concretará a data do partido e o rival máis adiante. Na reunión Ángel María Villar felicitou á Deputación polo gran esforzo investidor que está facendo en materia de infraestruturas deportivas e especialmente futbolísticas, algo que valora de xeito moi positivo á hora de asignar un partido para a cidade de Pontevedra. Os Pontevedreses queremos saber canto custara o partido dos “españois” en Pasarón, non haberá outro sitio onde inverter os cartos que nun partido de fútbol. Seguramente Louzán queira que se dispute antes das eleccións municipais para darse un baño de multitudes como se fora un caudillo. E despois temos que oílo criticar o PSOE porque tiran os cartos ou rirse de que no Senado falen en galego.

 
RESPOSTA XENIAL NO I.E.S. CABANILLAS
Na derradeira avaliación que tivo lugar no I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados, unha alumna de Cuarto de E.S.O. preguntábanlle nun exame de Química:
Cal é a diferenza entre unha solución e unha disolución?
Resposta dunha alumna:
Se metemos a dous dos nosos políticos nun tanque de ácido, disólvense. iso é unha disolución. pero se os metemos a todos,¡iso é unha solución!

Ningún comentario: