RECOLECTA PARA RESTAURAR A SAN XUSTO E SAN PASTOR
Os Veciños de Santa Mariña situados o pe das Ruínas do mesmo nome están a restaurar o Santos Xusto e Pastor que se veneran na Capela da Pastora
Por non dispor de ningún tipo de axuda económica, comunícanos estes veciños que pasarán a pedir calquer donativo que lles poidan aportar. O custo da restauración o seu aspecto orixinal ascende a 1.846, 70 €. Poden pescudar máis información chamando a Marisa o tlf. 986543483, a Carmen 986520263 ou a Victorina no tlf 986524171. Os veciños agradecen de antemán calquer donativo por que no que sexa.
"PINTANDO O PRELUDIO" POR ABEL BARANDELA
A pintor Abel Barandela fíxose famoso por ser o primeiro que imprimiu os seus cadros o viño tinto de Barrantes, acaba de colgar un vídeo sobre que como fixo un dos seus derradeiros castro concretamente o denominado “Pintando o Preludio”, unha forma moi orixinal de promocionar a súa obra. que podes ver premendo AQUÍ . Abel ten o seu propio blog onde podes ver o seus cadros , estilo e características o que podes entrar premendo AQUÍ. Abel aparte de pintar, que é unha das súas afeccións é Garda Civil , estivo destinado en Cambados a agora está destinado en Sanxenxo.
CURSO DE MAQUILLAXE
Tras o éxito do curso de automaquillaxe organizado por Perruqueria Estonllo Estética sita en Bouza Martin-Barrantes,foron varias os que non puideron asistir por varios motivos. . .pero non quedasen sen o curso!!
O dia 11 de febreiro farán un novo curso, de 10:30 a 17:30 cunha hora de duración aproximadamente.o maquillador ¨Mario dá silva¨estará durante unha hora exclusivamente por persoa para que cada unha saiba destacar as súas virtudes e disimular os seus defectos.
O prezo do curso é de 20€ reserva(con antelación) e 30 € o propio dia.total 50€ dos cales poderá dispor en produtos,polo l o curso sairalle “gratis”
Podes poñerte en contacto con eles no seu facebook http://www.facebook.com/estonlloestetica .
Ningún comentario:
Publicar un comentario