7 de xan. de 2011

HOXE SON NOVA: GOGUE E DOMIN, ANGEL E PITUSA LOSADA, OUTROS EQUIPOS DE FUTBOL DE CAMBADOS, TENIS DE MESA CAMBADOS E NICOLETTE

GOGUE CARICATURIZA A DOMIN

Gogue o xenial caricaturista meco-camnbadés, internacional coñecido no mundo enteiro polos seus traballos non hai máis que dar unha volta pola sua web http://www.goguetoons.com/  e do cal solemos dar moitas novas neste espazo, ven de caricaturizar o mellor caricaturista de Cambados o palense Domin, Secretario de Unha Grande Chea. De todos é sabido a súa afección as caricaturas e en cambio este ano os Reises Magos trouxeronlle unha caricatura del feita polo mesmisio Gogue e que podedes apreciar na foto. O fondo da caricatura pódese apreziar o Castelo de Pambre, e podemos ver a Domin nas súas ditintas facetas de bombeiro de Unha Grande Chea e aoutra súa gran pasión o futbol como xogador do Pontevedra. Un xenio caricaturizado por outro xenio. Podes ver algunhas das caricuras feitas por Domin a personaxes cambadeses na columna da dereita, este arquivo iremolo completando pouco a pouco con toda a documentación o respecto que ten o secretario de Unha Grande Chea na súa casa.


ESPECIAL E ENTRAÑABEL CONCERTO

Maña as 19 horas terá lugar no Auditorio da Xuventude de Cambados un concerto de música clásica baixo o titulo de “200 Aniversario do nacemento de Frediric Chopin”, que van a ser un recoñocemento do pobo de Cambados a traxectoria como músicos de Angel e Pitusa Losada, os cales van estar acompañados da súa sobriña-neta a virtuosa do piano Estafania Sánchez. Un aocntecemento para non perderse.




OUTROS EQUIPOS DE FUTBOL DE CAMBADOS

Queremos fotos ten entrañables como esta do
Trianiña.
Grazas o noso amigo no facebook Joaquin Aguiño, cambadés que reside en Vilagarcia quen nos enviou varias fotos antiguas de equipos de futbol de Cambados e tamén grazas os nosos amigos Albariño Veteranos e Veteranos Castrelo ademais nosos arquivos tivemos a idea de facer un un pequeño arquivo de equipos de futbol de Cambados que non estiveran nin estean relacionados co Club Juventud Cambados, xa que este ten un arquivo para eles solos nesta mesma páxina. O que queremos e contar coa vosa axuda para que nos enviedes fotos de equipos que tivechedes na infancia ou na xuventude, fotos que seguramente tedes na casa esquecidas e que ningén as ve, o que queremos e que afloren e que as poidamos ver todos, nos empezamos con sesenta fotos que podedes ver na columna da dereita baixo o epigrafe “OUTROS EQUIPOS DE FUTBOL DE CAMBADOS”. Axudanos a montar este especial arquivo que de seguro que a todos nos traeran moitos recordos. Contamos con vos.

SETE CAMBADESES BUSCARAN EN FEXDEGA O PASE A ESTATAL NORTE EN TENIS DE MESA

Máis de 300 xogadores do norte de España buscan en Fexdega o pase ao Estatal
Esta tarde, ás tres e media, ou recinto feiral de Fexdega convertiuse nun templo do tenis de mesa coa apertura do Intersector Estatal Norte. Unha cita que reúne ata ou domingo a 325 xogadores de nove comunidades autónomas, unidos entre se polo común obxectivo de acadar unha dás contadas prazas de acceso ao Campionato Estatal de Categorías.
Ademais dous especialistas galegos, en Fexdega congregar boa parte dá elite de Asturias, Cantabria, Castela-León, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña e Illas Baleares. En xogo, quince categorías, con participantes desde os 6 aos 82 anos de idade.
Desde a vila do albariño buscarán a clasificación para ou Campionato Estatal de Categorías Mariña Chaves, en benxamín feminina, Paula Padín e Andrea Chaves, en alevín feminina, Raquel Martínez en infantil feminina, Martín Regueiro en infantil masculina, Fernando Padín en xuvenil masculina, e Adrián Vidal en sub 23 masculina. Paula Padín afronta ou Intersector Estatal tan só dúas semanas despois de participar nunha concentración nacional dá súa categoría non Centro de Alto Rendemento dos Alcáceres, Murcia.

PRIMEIRO TALLER DE MANUALIDADES PARA ADULTOS EN NICOLETTE

Aparte dos talleres que fixo para nenos o establecemento xa de todos vos coñecido Nicollette vai organizar o vindeiro 18 de xaneiro as 10.30 horas e o longo deste primeiro trimestre varios talleres de manualidades para adultos, todos as partes a partires do 18 de xaneiro os que esteades interesados contactar con nicolete mediante o seu facebook ou enviando un correo a njnc77@gmail.com.  

Ningún comentario: