9 de xan. de 2011

HOXE SON NOVA: A CULTURAL, CANDIDO PAZÓ, JORGE FERNANDEZ, PROTECCIÓN CIVIL E EMMANUEL JOVEN

O ESCÁNDALO DA CULTURAL
Novamente o Sr. Louzán, Mariscal de Campo da provincia de Pontevedra, venos a sorprender con novo escándalo electoral: O comenzo das obras na Socieadade Cultural en pleno periodo electoral agravado por outro escándalo tal é donar 700.000 euros a unha entidade privada que practicamente esta morta de necesidade xa que non ten relevo xeneracional tal é a Sociedade Cultural. Para para mellor abundamento acosellamos que leades o artigo o respecto publicado en http://www.cambados.tk/.
En cambio entidades como o Club Juventud Cambados veñen sufrido persecución e desprezo por parte do concello e deputación e teñen que facer unha campaña de donacións entre os socios, claró que o presidente nin a directiva do Cambados se deixan manipular por Louzan e Aragunde en troques Luisiño si. O Cambados non fai moito propuxo e así se publicou na súa páxina web http://www.clubjuventdcambados.es/ que se construira un centro encima das actuais casetas no poligono do Pombal (por certo no "novo" Pavillón chove máis dentro que fora)  , que incluia bar , ludoteca, biblioteca, garderia, xa que en plena tempada o Cambados nun fin de semana chega a mover sobre 500 persoas e podia ser unha grande fonte de ingresos para o club. Esta idea caeu en saco roto no concello e por ende na deputación. Nos non nos imaxinanamos que todas  as entidades privadas sen anemo de lubro , entre elas Unha Grande Chea, nos sublevaramos contra este escándolo e despropósito pedindo igual de trato e de benecios como a Cultural. Louzán non quere ver perigar a sua continuidade no seu particular reino de Taifas como é a deputación e esta disposto a malgastar os cartos de todos os cidadáns con tal de beneficiar os seus, Sinxelamente escándaloso.

TEATRO DE PAGO NA XUVENTUDE

O teatro infantil será o gran protagonista da programación de xaneiro e febreiro no auditorio dá Xuventude de Cambados. Hoxe comezan as representacións nas que o Concello apostou por levar ao escenario un teatro orixinal para pequenos e maiores. Ás seis da tarde, o autor Cándido Pazó protagonizará Memorias dun neno labrego , dedicada a nenos maiores de dez anos. A entrada normal terá un custo de cinco euros e a reducida de 2,5 euros, esta mesma obra representaose entre outros no Concello da Illa e a entrada foi gratuíta. Sendo teatro para nenos cinco euros paracenos unha prezo moi caro. O oferta do Teatro do concello agás excepcións moi contadas deberia de ser gratuita, non esquezamos que estas obras veñen subvencionadas por outros organismos.



JORGE FERNÁNDEZ SERÁ ENTERRADO ESTE LUNS EN CAMBADOS

En 2008, e con 58 anos, acolleuse á xubilación. Atrás quedaban 21 anos de servizo prestado no cuartel de Cangas e outros tantos de convivencia cun pobo, que aínda que ten fama de ser moi belixerante coa Garda Civil, chegoulle a respectar e a apreciar como un veciño máis. O subtenente Jorge, como así era coñecido, estaba á fronte da Garda Civil de Cangas nos peores conflcitos sociais da localidade, cando ocorreu a "movida" contra a contribución" ou a revolta dos mariñeiros do banco canario sahariano. Saíu airoso daqueles graves disturbios que el recordaba como os peores momentos vividos no seu traballo e no propio pobo.
Ao pouco tempo de xubilarse recoñecía que el sempre intentaba "tranquilizar". Esa era a palabra que mellor lle identificaba e que desgraciadamente onte non puido cumprir.
Jorge Fernández Silvoso aseguraba sentirse satisfeito do traballo desenvolvido en Cangas, era unha persoa discreta, non lle gustaba alardear de posto pero se mostraba severo cando había que facelo.
A vida castigoulle cando só tres anos antes de xubilarse perdeu á súa muller, na que tiña un gran apoio e deixoulle só, con dous dos seus tres fillos vivindo aínda con el. O subtenente Jorge aseguraba entón que ía vivir dacabalo entre Cambados, o seu pobo natal, e Cangas, o seu pobo adoptivo.
Fíxose garda civil por herdanza, porque o seu pai tamén o foi, e prestou servizo no corpo durante 42 anos. Aos 16 entrou no Colexio de Gardas Novos de Valdemoro e o seu primeiro destino foi no Grove, ascendeu a cabo primeiro e foi trasladado a Castropol, en Asturias. En 1977 regresou a Galicia con destino no cuartel de Lalín, onde permaneceu 10 anos e deixou grandes amigos. Tras ascender a sarxento, pasou polo cuartel de Tomiño ata que chegou a Cangas en 1987. Aquí foi sarxento primeiro, brigada e subtenente. Estivo como comandante de posto e xefe de liña. Jorge era un asiduo do Bar German e poidamolo ver moitas veces mirando os partidos do Madrid.
Jorge será enterrado este luns na súa localidade natal, en Cambados
Unha Grande Chea puido confirmar que xa rematou a autopsia do cadáver e que na tarde do domingo realízase o seu traslado ao tanatorio de Cambados, municipio onde recibirá sepultura a media tarde do luns.
O noso pésame a familia Fernández Silvoso en xeral e en especial os nosos amigos Luis e Ricardo.

SERVILISMO PURO E DURO

No blog de Protección Civil de Cambados podemos ler a seguinte entrada que literalmente di: “Gracias a nuestro Concello, hoy contamos con 2 nuevas bombas de achique que aportaran una ayuda extra a paliar las emergencias en el Concello. Desde la Agrupacion le damos las gracias al Concello por esta nueva compra.”. En apenas unha frase dalle duas veces grazas o concello e en castelán, polo menos podia estar tamén en galego. Todos en Cambados sabemos que Protección Civil ven a ser o “brazo militar” do partido que governa no noso concello e non se fai nada sen que Luis mande facer.

NOVO BLOG EN CAMBADOS: "EMM´ANUEL JOVEN", POETA, MÚSICO E ACTOR

No blog do noso amigo Ramón Nogueira podemos ler na seguinte entrada: “Como non é de estrañar no noso pobo, cargado de artistas, xa sexan pintores, escultores, escritores e demais, nace un novo blog da man dun xove poeta e amigo, Emmanuel Joven.
Neste blog podemos gozar tanto dos seus poemas como de cando en vez, algún artigo de opinión sobre calquera tema da sociedade actual.
Oxalá lles guste e disfruten del como o fago eu.
AQUÍ lles deixo a ligazón e un poema de Emmanuel.”
Sabedes que nos gusta promocionar todo que sexa cultura e feita en Cambados, dese blog nos quedamonos co seguinte poema:
FALSO SORISO
Porque apretar os dentes non vai ser util
porque non vai ser a solucion
porque esta rabia que me come
non para de meterme en tension
que teño que converter esa ira nun sonriso
cando te vexo correr cara el
e quedo ca cara rota no piso
e disimular é o meu papel
Que patalexar como un neno pequeno
non vai solucionar este problema
que eu quero acomodarme no teu seno
pero e que non quero darche pena
Empecei a carreira cando el xa a empezara
e era evidente que estou lonxe do fin
non sei se se dar a volta e deixar esta carreira
ou intentalo, dalo todo, apurarme nun esrpin
Dios xa, que merda non poder competir por ti sequera
porqueinda faga o que faga decides ti a quen queiras
pero encotnrar a alguen da tua altura, nos tempos que correr mais ben e dificil
convertiuse nunha batalla de sentidos, que ao meu xuizo é pueril.

1 comentario:

Emmanuel Joven dixo...

Emmanuel con duas emes se me permitides a corrección jaja. Bueno quitando isto moitas gracias pola referencia e sodes benvidos sempre no blog. Unha aperta UGC !