11 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: A SELECCIÓN DA BANCA DE CAMBADOS, DO TALENTE E DO TENIS DE MESA CAMBADOS.

UNHA FOTO DAS QUE MARCAN ÉPOCA


De pe e de esquerda a dereita: Pitulas, Ricardo, Benitiño, José
Luis, quique Barreiro, Chopi. Agochados: Juan Rivas, Juan Silva
Ramiro Vidal, Roberto Vidal, descoñecido, Vivencio e
Egidio Varela.
Un amigo da nosa páxina fixonos chegar a foto que podedes ver a vosa esquerda, para unir o arquivo que acabamos de crear “OUTROS EQUIPOS DE FUTBOL DE CAMBADOS “, A foto en si non ten desperdicio trátase da selección da Banca de Cambados e debe de ser aproximadamente de finais dos anos 70, e xunto a empregados de banca e xogadores consagrados Roberto Cacabelos “Chopi” ou en menor medida José Luis Iglesias, podemos ver a perxonases que non son precisamente coñecidos por xogar o futbol como o xa falecido Pepe Pitulas (por certo ese dia debeu de xogar de prestado xa que él era practicante), Enrique Barreiro. Os Juanes , Juan Rivas e Juan Silva ou os irmáns Vidal Daporta. Esta foto que estaba esquecida posiblemente en algún album de fotos ou en algún caixón a partir de hoxe xa podedes ver no citado arquivo e o mellor de todo que podedes vela cando queirades. Animarvos e enviarnos os vosos equipos de infancia, de empresa ou de calquer evento.

COUSAS CURIOSAS

Hai veces que un le a prensa e non sabe ben se rir, se chorar , ou simplemente como fan a maioria dos humanos pasar do tema. Mesmo hoxe sae no Diario de Arousa que o Conselleiro de Medio Ambiente un tal Agustín Fernández, a postre delfín de Louzan fai unha visita institucional o Salnés e toda a xente que ves con él é do Partido Popular, e a foto nos remitimos. O primeiro pola dereita e xefe da oposición do concello de O Grove, esto é moi importante. Si é unha visita institucional porque non se invituo o Alcalde do Grove, e no seu caso si está invitado o xefe da oposición do Concello de O Grove porque non están invitados os xefes da oposición dos demais concellos. Lamentable como sempre a forma de facer politica deste partido, pensan que os politicos só son do PP os demais non existen.

ADRIAN VIDAL, PERTECENTE O CAMBADOS TM TIVO UNHA GRAN ACTUACIÓN.

Adrián Vidal foi o representante do Cambados TM que tivo unha actuación máis desatacada no subestatal celebrado na Maroma. O padeeiro cambadés concluíu na quinta posición na categoría sub-23 tras vencer no seu último encontro a Ignacio Fernández (3-2).
Dous deportistas do club arousán conseguiron senllos sextos postos na clasificación final. Mariña Chaves ocupou ese posto na categoría benjamín tras perder no último encontro fronte a Daniela Carreño (3-0) e Martín Regueiro tamén quedou ás portas da quinta posición ao perder fronte ao balear Carlos Carulla.
Outro representante do Cambados TM concluíu entre os dez primeiros o subestatal celebrado en Fexdega. Foi Fernando Padín, noveno en xuvenil masculino. Ademais, tamén xogaron na cita de Fexdega Andrea Chaves e Paula Padín, que acabaron no posto 14 e 15 respectivamente.

Ningún comentario: