GRASTROLAB NA FACTORÍA COMPOSTELA, O PROCESO CREATIVO DÁ COCIÑA
O público pode degustar propostas gastronómicas e bebidas de 4 da tarde a unha da madrugada
Coa estrea do laboratorio de experimentación gastronómica, GastroLAB, Factoría Compostela, o proxecto con sedes en Santiago e A Habana que dirixe Concha Fontenla, pon en marcha un dos ámbitos de máis proxección cidadá. Funcionará de martes a sábado entre as catro da tarde e a unha da madrugada.
Trátase dun espazo no que a gastronomía de vangarda, a cargo dunha serie de chefs que se van a renovar cada tres meses, ven a protagonizar unha proposta que se dirixe directamente ao territorio dos sentidos, «de creación desprexuiciada e nun proceso transdisciplinar, libre, aberto e en evolución», en palabras da responsable desta estrutura para a creación e a experimentación contemporáneas aberta no edificio rehabilitado na rúa dá Conga.
GastroLAB é un ámbito que coordina o chef galego Miguel Gil, especialista de referencia internacional en sobremesas, que é quen asume as propostas de alta cociña do primeiro trimestre cunha carta de sobremesas que pon o acento nos sabores de ingredientes de todo o mundo. A experiencia leva a participación de destacados cociñeiros invitados, que ademais de elaborar os seus pratos van impartir cursos e talleres para profesionais e afeccionados. Entre eles está tamén o estudante do Curso Superior de Hostalería de Galicia o cambadés e gran amigo noso Alberto Castiñeiras Cacabelos “Casti” para os amigos, o cal esperamos ver moi pronto montando o seu propio restaurante en Cambados. “Casti” aparte e o presidente oficioso da "pandilla" xuvenil cambadesa “Os Comepipas”.
O programa do curso está pensado para crear unha sorte de diálogo co público. Estará a cargo de cociñeiros de distintas procedencia e de especialidades tamén moi diferentes como Alejandro Montes, pasteleiro que forma parte do equipo español da Coupe du Monde da Patisserie; Miguel Anxo da Cruz, do restaurante a Botica de Matapozuelos, de Valladolid, que é pioneiro en explorar as posibilidades gastronómicas do bosque; Santi Rebés, chef do Embat de Barcelona, especialista en maridaxes; Joan Grimal, do restaurante barcelonés Coure, investigador dos doces e defensor das sobremesas como protagonistas; Raúl Sotelo, unha das promesa da pastelería galega; Ana Silva e Luís Veiga, do restaurante Alborada da Coruña; Albert Badia, da pastelería Badia Roca, premio ao mellor croissant de España; Julián Arranz, outro pasteleiro, neste caso referente castelán-leonés, e a experta mundial en tés Inés Bertón, cuxos blends véndense nas mellores tendas gourmet.
A carta doce compona cinco propostas de sobremesas a 6 euros cada unha, que empezan con Aromas do albariño e continúan cunha conxunción a base de yogurt , mazá verde e ruibarbo; unha terceira opción que une pexego, cervexa negra, café e faba tonka ; a que combina chocolate branco, rosa, fresa e tomate; e para rematar, a que mestura chocolate, che negro, croissant e noz de Macadamia.
A carta de noite ou salgada inclúe elaboracións que van desde ensaladas a foie de pato, receitas con navallas, vises, lagostinos, bacallau, porco ibérico, lechazo e boi galego, en todas elas con ingredientes talles como distintas froitas, grelos, algas, queixos e patacas. Os prezos van dos 9 aos 24 euros, e hai un menú GastroLab por 40 euros que só servirán en mesas e completas.
Para acompañar todas estas delicias culinarias dispón dunha variedade augas, cervexas, viños e cavas, ademais de sete cócteles exclusivos, a 8 euros cada un, que prepara o barman invitado este trimestre, Víctor Rosales. Licores galegos, xenebras, ron, vodka e brandys pechan a diversidade de cociña e de bar neste espazo para os sentidos cheo de matices e de fusións.
Preme AQUI para ver o vídeo.
EXHIBICIÓN EN VIVO DE ILUSTRADORES CAMBADESES
Mañá as 18 horas na Biblioteca Municipal de Cambados , exhibición en vivo de ilustradores cambadeses a cargo de Eduardo Baamonde e Xulio Gayoso. Amosaranos como descubrir as nosas personaxes favoritas.
Eduardo Baamonde Naceu en Vilalba (Lugo) no 1962. En Santiago cursa estudios de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio,con destino na actualidade no I.E.S. de Vilalonga (Sanxenxo).
Xulio Gayoso naceu en Lugo en 1954, profesor de Debuxo no I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados, destacan os seus traballos de pintura e cerámica, ilustración en prensa, revistas e suplementos culturais, ilustración de libros de texto, deseño e ilustración publicitaria e ilustración infantil.
AS MARISCADORAS DE CAMBADOS NON SOMOS TONTAS.
![]() |
Foto enviada pola propia mariscadora. |
Estimados amigos:
Son unha mariscaora de Cambados que segue a miudo a vosa páxina e espero que publiquedes o que vos envio e que pasou hoxe cando fumos a traballar: As 13 horas a inmensa maioría das mariscadoras de Cambados fixemos fronte a nosa presidenta e o Patrón Maior da Confraría de Cambados. A mediados de Decembro solicitamos con mais de dous terzos de sinaturas tal e como sinala o regulamento unha Asemblea xeral das Agrupación de Mariscadoras para tratar o tema do Saco de Fefiñans, información sobre obras e proxectos, estudo medioambiental e saneamento do mesmo, ate o de agora recibimos a calada por resposta. Hoxe por sorpresa a nosa presidenta e o patrón maior de cambados seguindo directrices do PP de Cambados mandaronnos a limpar o Saco de Fefiñans para posterior resembra (por certo por estes traballos non recibimos remuneración ningunha), as mariscadores reunimonos nunha improvisada asemblea o pe do Saco de Fefiñans e decidimos por maioría non baixar namentres non se convoque a asemblea xeral para ser informadas do que se vai facer no saco de Fefiñans, de 180 mariscadoras só baixaron a limpar unhas 20 todas elas simpatizantes e algunhas incluso con intereses pariculares dentro do PP. Ante tal actitude compareceu no lugar a Presidenta das Mariscadoras Isabel Pérez quen veladamente ameazou as alí presentes de que se non baixabamos hoxe, o luns tampouco se baixaria a traballar, o que as alí asistentes lle dixemos que o luns xa veríamos o que íamos facer. Casualmente pasou por alí o patrón maior a tomar os viños a Riveira de Fefiñans e pasou do tema como se a cousa non fora con él , ata que foi increpado por algunhas mariscadores o único que soubo dicir era que isto era un acto político, realmente é o único que sabe dicir ultimamente pero quen realmente están a facer política na confraría para favorecer os intereses do PP son el e mais Isabel Pérez en contra dos intereses das mariscadoras. Nunca pensei que Benito Pelea ia facer bo a Julio Dozo, que xa é dicir.O luns xa veremos o que pasa.
Unha mariscadora.
PD de U.G.CH..- Documentandonos no tema encontramos a nova en Tele Salnes e non varia para nada do que nos conta a mariscadora, e que podes ver premendo AQUI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario