15 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: TRES CACOS, NICOLETTE, E HISTORIA DUNHA SEMENTE

DETIDOS OS PRESUNTOS AUTORES DOS ROUBOS COMETIDOS NO BAR DO C.J. CAMBADOS.

A Garda Civil de Cambados detivo a tres mozos, un deles menor de idade, como presuntos autores de numerosos roubos en vehículos e establecementos comerciais da comarca que viñan ocorrendo desde o pasado setembro, segundo un comunicado oficial remitido na tarde de onte.
As accións que se imputan a I.B.B. de 21 anos e J.L.G, de 19 producíronse principalmente nos municipios de Vilagarcía, Vilanova e Cambados, mentres que ao menor involúcraselle só a súa suposta participación no roubo ocorrido na casa de cultura de Corbillón, na vila do albariño.
O total de delitos e faltas que se lle atribúe aos dous maiores detidos aínda está por determinar con exactitude xa que, polo momento "aínda non se puido localizar aos propietarios de numerosos efectos intervidos, aínda que se puido constatar que ao menor participaron nuns 50 roubos e furtos". Entre estes roubos están os que fixeran presuntamente no Bar do Club Juventud Cambados no Pavillón Polideportivo do Pombal en dúas ocasións.


TALLER DE INICIACIÓN O SCRAPBOOK

O vindeiro martes 18 de xaneiro no comercio Nicolette sito na praza Clemencio Fernández Pulido, o carón da oficina do Inem en Fefiñans terá lugar un taller de iniciación o scrapbook.
O scrapbook é o termo inglés para definir un libro de recortes, é dicir, a técnica de personalizar álbums de fotografías. Ao gardar recordos ou recortes nun diario ou anacos de papel de agasallos estase facendo scrapbooking.
O scrapbook ou scrapbooking consiste en multitude de procesos creativos como o recorte, pegado ou collage para crear unha composición de memorias e recordos mediante as túas fotografías. Este divertido pasatempo de decorar aplícase tamén a cartas, poemas, invitacións ou todo aquilo que che propoña a túa imaxinación. Partindo de simples fotografías, revalorízanse os recordos con adornos de todo tipo (adhesivos, botóns, cintas, papeis especiais, flores secas, remaches, fíos?) e diversos estilos, desde o máis sofisticado ata o máis sinxelo, dependendo do gusto persoal.
Para mais información dirixirse a njnc77@gmail.com

HISTORIA DUNHA SEMENTE

A compañía Caramuxo Teatro trae este domingo 16 ao Auditorio a súa obra "Historia dunha semente", que foi vista ata o momento por máis de 16.000 persoas. A función inicia ás 18:00h e forma parte do programa de teatro infantil de Cambados.
Dúas persoas buscan algo pero non saben o que están buscando ata que o atopan. Unha semente. Como é posible que algo tan pequeno convértase nunha gran árbore? Historia dunha semente é a historia dunha árbore, un mazanceiro que enche de vida a pradería. Galiñas que non pon ovos, raposos con moita fame, unha mosca enamoradiza en busca do moscón perfecto para casar, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión. Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela. Espectáculo cómico de monicreques de mesa e actores cheo de maxia e que introduce aos máis pequenos nun mundo cheo de imaxinación e fantasía.
Nova e foto recollida de http://www.cambadosweb.net/

Ningún comentario: