![]() |
José jaime detrás de Florentino sinalado cunha flecha. |
O Cambadés José Jaime Gesteira, que obviamente reside actualmente en Madrid ven a ser dende fai uns anos o Xefe de Seguridade do Presidente do Real Madrid Floretino Pérez. José Jaime naceu en Cambados donde estivo ata a súa xuventude marchando despois nesta etapa para Madrid por motivos familiares e personales ainda que viña todos os anos o Cambados dos seus amores. A sua nai foi a famosa profesor “Lula” que daba clase donde actalmente está ubicada “Zapatos Lara” debaixo da antigua academia de ensino de “Don Nazario”. José Jaime é entre outros primo carnal do gaiteiro Xaquin Xesteira, son fillos de irmans. José Jaime ven a ser a sombra de Florentino Pérez, ala onde se despraza o presidente de ACS e do Real Madrid podemos ver o cambadés coidandolle o seu “Cogote”, e que sexa por moitos anos.
No video dabaixo podelo ver ver precisamente detrás de Florentino na súa chegada o sábado pasado a Malaga.
www.cambados.tk EDITA UN VIDEO SOBRE A VERDADE DO SACO DE FEFIÑANS
Combatendo as mentiras do PP respecto ao Saco de Fefiñáns este colectivo levan xa meses desde Cambados(tk) opinando arredor deste proxecto. Agora, para maior difusión, publícase o vídeo "O Saco de Fefiñáns en 3 minutos" no cal se narra un resumo da historia facendo fincapé nas maiores polémicas:
O XULGADO ORDENA A REAPERTURA INMINENTE DO CAMIÑO DA DISCORDIA.
O Xulgado de Cambados emitiu unha sentenza que ordena a reapertura inminente do camiño de acceso traseiro ao colexio de San Tomei coñecido popularmente como o “Camiño da Discordia” No fallo do xuíz ínstase á propietaria dos terreos polos que discorre o carreiro a deixar libre “e expedito o camiño de paso obxecto de xuízo repóndoo ao ser e estado que antes tiña”. Na sentenza especifícase ademais que a demandada “debe absterse de realizar calquera acto de perturbación que impida devandito paso coa eliminación de obstáculos que impidan o normal acceso polo trazado de devandito servizo”.
A pesar de todo, a sentenza aínda non é firme e sobre ela cabe un recurso de apelación .
27 DE XANEIRO FOLGA XERAL
Se adicas quince minutos a este vídeo descubrirás todas as mentiras que nos están decindo para convencernos de que non hai máis remedio que apandar co aumento da idade de xubilación e a redución das pensións.
Só hai unha saída fronte a isto, é mobilizarse. Por dignidade e porque até o de agora os avances sociais só se acadaron loitando, non foron regalos, toca defendelos.
Participa e fai campaña a prol da FOLGA XERAL do 27 de xaneiro.
¡¡CONTRA ASUBIDA DÁ ENERXÍA ELECTRICA ÍMONOS A APAGAR!!
Anotao na axenda para non esquecer dia e hora - 15-2-2011, desde as 22,00 h. ata as 22,30 h. apagon xeral, a unión fai a forza, imos a por todas?
Mira, mira,¡como están de contentos!...
Endesa celebra a subida de prezos do 11% , imos a pasar do cabreo a los feitos.
Apagamento xeral día 15 de febreiro día do consumidor, apagamento xeral de electricidade nos fogares do mundo ás 22 horas en sinal de protesta pola subida abusiva que Endesa, Iberdrola e Fenosa levaron a cabo nas súas tarifas eléctricas.
A única forma que temos de loitar os consumidores contra estas practicas abusivas, é con medidas como esta por iso convocámosvos a seguir esta iniciativa que comezará ás 22 horas e durará 30 minutos.
Con só 30 minutos apagando todas as lámpadas, cociñas eléctricas e todo o que se poida, fóra dunha delas para ver, faremos un oco nas súas arcas, e así se acordarán de todos a los que nos están están roubando!!!
!!!! Pregamos que o fagades comunicalo a todos os que poidades electrónicos!!!!!......
BUTACA VERDE
Comunicámos que o CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os concellos galegos unha nova edición do Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde.
Esta iniciativa, que comezou a ofertarse no ano 2009, ten como obxectivo fomentar e facilitar que as administracións locais realicen actividades de carácter ambiental nos seus termos municipais. As ameazas do medio mariño, o cambio climático, a pobreza ou os procesos de produción dos nosos alimentos son algúns dos temas que tratan os documentais nesta segunda edición.
Máis información en: http://www.ceida.org/concellos/butaca-verde.html
MANIFESTACIÓN VIRTUAL A PROL DO GALEGO
O vindeiro domingo 30 de Xaneiro terá lugar unha manifestación virtual a prol do galego, non é preciso asaistencia física xa que é unha manifestación virtual. Proponse que cada ún no dia que se celebre a manifestación poña no seu perfirl a seguinte foto:
http://www.facebook.com/profile.php?id=1531053977#!/photo.php?fbid=1772438200681&set=o.69310042949
Ningún comentario:
Publicar un comentario