18 de xan. de 2011

HOXE FALAMOS DE: AS OSTRAS DE CAMBADOS, "UN MAR DE PEDRA", E BENITO PELEA.

AS OSTRAS DE CAMBADOS,  AS MELLORES DO MUNDO


Unha boa textura, o punto xusto de sal, persistencia no sabor e un bo aspecto a primeira vista. Todos estes requisitos se lle pedían onte ás ostras que puxo sobre a mesa do seu restaurante Yayo Daporta, e onde se reuniron cinco dos hostaleiros máis coñecidos da comarca co fin de celebrar unha cata entre amigos. Xoán Cannas Torres, do restaurante Pepe Vieira; Antonio Botana, do Pandemonium; Alberto Domínguez, do local grovense D´Berto e Pepe Solla, do que leva o seu nome, puxeron nota a sete variedades deste tipo de marisco, resultando gañadora a das augas da Ría de Arousa. Na cociña onde habita unha estrela Michelín a esixencia dos catadores foi extrema e non se regalou unha décima. Os produtos chegaron desde os mares de diferentes puntos de Europa como Italia, Francia, Irlanda, Inglaterra ou Dinamarca, pero non conseguiron derrotar ao sabor autóctono. Unha das conclusións finais foi que a ostra da Ria de Arousa e concretamente as de Cambados, son as que teñen o mellor sabor do mundo.

UN MAR DE PEDRA XA A VENDA”.

Así o informaban a semana pasada desde o perfil en Facebook do documental sobre Manolo Paz. O punto de venda no noso Concello é o Bar Silva. Proximamente, anunciaron tamén, daranse a coñecer outros puntos de venda para Santiago ou Vigo.
Un Mar de Pedra estreouse a finais do ano pasado en Cambados cunha grande acollida por parte do público. Na cinta repásase a vida do escultor en paralelo co propio proceso escultórico, desde a canteira até a sala de exposicións. Cambados é un protagonista máis do documental, con múltiples aparicións na pantalla.
Nova e foto recollidas de http://www.cambados.tk/  





BENITO PELEA A MENAZA A MARIA XOSE CACABELOS CON EXPEDIENTALA E O PP INSTALA A SUA SEDE LOCAL NA CONFRARIA.

A nova sede do PP de Cambados, ou alo menos eso é o que parece.
Dende que o Patrón Maior de Cambados ingresou no Partido Popular feito que fixo oficial ó formar parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, xa que foi nomeado directamente polo devandito partido e concretamente pola Conselleira do Mar a Sra. Quintana, non deixa de pavonearse por Cambados e dende logo campar as súas anchas na Confraria, facendo deste organismo oficial e Casa de Mariñeiros a nova sede do Partido Popular en Cambados ou alo menos eso é o que parece, agora o PP xa fai as roldas de prensa dende a propia Confraria  , na derradeira reunión do PP que tivo lugar na Confraria o luns pasado, amenazao claramente a mariscadora Maria Xosé Cacabelos de abrille expediente dicindo: “tomarei as responsabilidades oportunas contra esa muller (refirindose a María Xosé Cacabelos) dado que desautorizou á propia directiva e conta mentiras porque sí se contestou á recollida de sinaturas no seu día”. Este home pensa que a confraria é da súa propiedade, ten a mentira por bandeira e que coida que os mariñeiros e mariscadoras son monigotes que se poden mover o seu antollo. Pero xa vimos na nova que publicou Tele Salnes que non só foi Maria Xosé a que falou o que se  plantaron as mariscadores  senon que tamén se pronunciarion outras compañeiras. Pero Pelea non trata de  perseguir só a maria Xosé tamén denunciou xa no xulgado a Carlos González o presidente da agrupación de rañeiros porque tampouco é da súa corda política é dicir do PP. Como dicia un o outro día xa que hai que facelo mal de Patrón Maior para facer bo a Julio Dozo, o que o precedeu no seu cargo. É tamén aleccionador o artigo o respecto publicado en http://www.cambados.tk/  

Ningún comentario: