XAQUIN XESTEIRA DOBLE ACTUACIÓN EN ESCOCIA E RETRANSMITIDO POLA TV. ESCOCESA
![]() |
Xaquin Xesteira, Fred Morrison e Paddy Keenan; abaixo Alumnos da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo. |
A Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo participará no festival Celtic Connections invitada pola Royal Scottish Academy of Music.
Nesta semana, unha delegación de alumnos e profesores da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo, desprazaranse á cidade de Glasgow para participar nun concerto conxunto con alumnos e profesores da Royal Scottish Academy, dirixidos polo prestixioso músico Phil Cunningham.
O Celtic Connections é o festival máis importante dos que se celebran en Europa en torno á musica folk e tradicional do mundo. A delegación da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo realizará un concerto conxunto o dia 22 de Xaneiro no Glasgow Royal Concert Hall. A Royal Scottish Academy of Music and Drama, centro de referencia europeo, destaca polo seu departamento de música folk e tradicional, no que se ofrecen estudos de rango uiversitario. A colaboración entre as escolas viguesa e escocesa se enmarca no programa de actividades da European Network of Folk Orquestras que lidera o Concello de Vigo a traves da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo, e no que figuran a Fundación Sondeseu, a Sibelius Academy de Helsinki e a Tradalp Orchestra de Turín. A este proxecto vense de incorporar a Royal Scottich Academy e se espera que en breve a World Irish Academy, de Limerick (Irlanda) se xunte ás institucións xa mencionadas.
Dentro dos actos do Festival, o profesor de gaita da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo, Xaquín Xesteira, de Cambados, ofrecerá o dia 20 no Tron Theatre un concerto xunto aos coñecidisimos gaiteiros Paddy Keenan e Fred Morrison, que será retransmitido pola TV escocesa.
Xaquin Xesteira e membro fundador do grupo Treixadura, e mestre e forma parte da Escola Municipal Tradicional e Folf de Vigo, forma parte do grupo Faiscas de Solobeira, tamén forma parte da Banda de Música de Castrelo e participa con Unha Grande Chea cando as súas ocpuacións llo permiten.
RAMON CARIDE CON ACENTO MEXICANO.
Na XXX Feira Internacional do Libro Oaxaca-México 2010, o do cal xa deramos conta neste espazo, presentouse o 20 de novembro e nas instalacións do Instituto de Artes Gráficas de Oaxaca (IAGO), o libro de Ramón Caride "O paxaro arcoiris, Mani Ripapa Ruié Guiba".
Libro infantil no cal Ramón Caride contou para a súa realización coas ilustracións da pintora Raga.
Participaron na presentación Pergentino de Loxicha e a conta-contos Marissa Vallejo a quen agora podemos ver neste vídeo narrando unha pasaxe do libro de Ramón con acento mexicano. Isto é o que se chama fusion de culturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario