3 de xan. de 2011

HOXE SON NOVA: RICHAR, PEPE SUEVOS, TATA, E NICOLETTE.

RICHAR PROBABLEMENTE DEIXE O CAMBADOS O REMATE DA TEMPADA

Richar é toda unha institución no
Cambados, aqui o vemos vistindo a camiseta
do Club no mesmo Estadio Santiago Bernabeu
O actual presidente do Club Juventud Cambados e membro directivo de Unha Grande Chea Richar, anunciou onte na asemblea que tivo lugar o remate do encontro Cambados-A Peroxa que case con toda seguridade este ano deixe club (moita máis información en http://www.clubjuventudcambados.es/ ) , xa que se cumpren os catro anos os que se comprometeu perante os socios -esa é a razón oficial que da o propio Richar-, despois dunha carreira plagada de éxitos vida como xogador en diferentes clubs entre eles obviamente o propio Cambados chegando a ser nomeado mellor xogador galego polo programa “Galicia en Goles”, adicado en corpo e alma o fútbol base, foi fundador da “Escola de Fútbol A Pastora” da que saliron moitos e bos xogadores para o Cambados, e na actualidade aparte da presidencia e dende fai varios anos forma parte da escola de fútbol do Club Juventud Cambados, Richar é un deses homes que entrará na historia do Cambados con letras de ouro, o noso xuízo a falta de apoio de apoio das institucións e de certo estamento político desta vila desaniman a calquera a continuar no club tendo no seu haber o habelo ascendido de categoría, aínda que este ano estanse pansado moitas apuros pero pola razón antes expresada. Un día escribiremos longo e tendido sobre esto, pero polo de agora parécenos unha moi mala nova que Richar deixe o club o remata da tempada.

PEPE SUEVOS NO CENTRO CULTURAL DE OUBIÑA

Aqui vemos a Pepe Suevos con Chon,
presidente de U.G.CH.

O xenial humorista galego José López Suevos Otero mais coñecido por "Pepe Suevos" nacido no ano 71 en Ferrol e con longa e dilatada experiencia en teatro, cine e televisión actuará o domingo 23 de Xaneiro ás 7 da tarde no Centro Cultural de Oubiña, poucos sabe que este humorista é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago e ten o titulo de Xestor Administrativo. A entrada terá o módico prezo de 3 euros e pódese adquirir no propio Centro Cultural de Oubiña, Libraría Cabanillas de Cambados e Café Bar Pórtigos de Vilagarcía de Arousa. O acto está organizado pola Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña con quen podedes contactar no telefono 686388658.


O COMERCIO TATA ADORNASE CON MANUEL MARIA
Nestas festas poidemos ver de toda clase de esacaparatismo nos comercios de Cambados, incluso a páxina amiga http://www.cambadosweb.net/  fixo un concurso de escaparetes resultado gañador “Calle Real”, pero a nos chamounos a atención un escaparete sito na rúa Pontevedra concretamente “Tata” un comercio de roupa e utensilios para os nenos, o escaparete estaba adornado con sumo gusto , pero o que mais nos chamou a atención foi que presidia o mesmo unha parte da “Panxoliña de Nadal” de Manuel Maria escrito no mesmo cristal . Marabilloso exemplo de cómo o noso idioma serve para todo incluso para facer escaparatismo. A Panxoliña di:
Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.
NICCOLETTE COMEZA O ANO CO PRIMEIRO TALLER DE MANUALIDADES PARA NENOS

A tenda de agasallos e variedades Nicolette Cambados, sita na Praza Clemencio Fernández Pulido, o pe do Inem e dos Xulgados e visto o exito dos talleres realizados en decembro do ano pasado, este 2011 comezan o novo calendario de "DEVIRTETE E CREA" en N icolette, teredes durante o primeiro trimestre do ano talleres a partir do dia 20 de xaneiro todos os xoves pola tarde, faran diferentes manualidades, talles como papiroflexia, reciclaxe, scrapbooking... etc... Para máis información contacto con Nicolette en njnc77@gmail.com



Ningún comentario: