26 de feb. de 2011

Estan hoxe de cumpreanos os nosos amigos do facebook: Aniversarios: Delicias Do Souto, Efren Alvarez, Jorge Santórum González, Manuel Arosa Rey, María José Santamaría Ventoso, Mon Dacosta, Patricia Meis Giraldez, Uxía Paz


Toño, Tomás e Juan Maceira traballando no avión.
UNHA GRANDE CHEA “BAUTIZARÁ" O SEU AVIÓN O VINDEIRO SÁBADO AS 9 DE NOITE NA PRAZA ALFREDO  BRAÑAS.
TAMÉN PARTICIPAREMOS NO DESFILE DE CARROZAS
Unha Grande Chea presentará oficialmente o seu avión o vindeiro sábado 5 de marzo as 9 da noite na praza de Alfredo Brañas, e o Fico´s donde será bautizado . O bautizo-presentación acudirán as autoridades correspondentes e tamén habrá como non unha madriña e por suposto non faltaran os gaiteiros.
O avión que estamos a construir animonunos enormemente. Partindo de un principio que non iamos facer prácticamente nada neste Entroido o final o ver como ia a construcción do avión aniumounos a participar no desfile de carrozas do domingo e do martes. Ali estaremos con noso particular aereoporto, cos suas azafatas, co seu personal de pista, cos seus comandantes, cos seus controladores, en fin todos imos a participar desta marabillosa festa .

"Bosque de Menhires" de Manolo Paz.
AS ESCULTURAS DE MANOLO PAZ NA CORUÑA TEÑEN “ VALOR UNIVERSAL EXCEPCIONAL” RECOÑECIDO POLA UNESCO
Aínda que a Torre é a protagonista e referente de patrimonio mundial, cando o 27 de xuño do 2009 a Unesco decidiu recoñecer o seu «valor universal excepcional» concedeulle un título que comparte o único sinal marítimo romana aínda en funcionamento con boa parte da contorna que, en terra, ilumina. O ben ao que o organismo internacional concedeu a categoría de legado para a humanidade non é estrita e unicamente o faro. A declaración comprende tamén o parque escultórico no que podemos atopar entre outros o “Bosque de Menhires” do Chalequeiro máis universal de Unha Grande Chea Manolo Paz. que rodea á bimilenaria construción, así como o cemiterio mouro e os petróglifos do Monte dous Bicos.
86 hectáreas
Chon , o presidente de Unha Grande Chea, nomea
chalequeiro a Manolo Paz.
A resolución do comité da Unesco fixou ata a superficie que ocupa tan singular sitio, integrado nunha lista mundial ao mesmo nivel que os monumentos e enclaves paisaxísticos máis representativos do planeta: son, exactamente, 8.631.000 metros cadrados os que protexe o paraugas dun recoñecemento que, precisamente por iso, obriga a preservar para xeracións futuras a súa excepcionalidade. Tanto que todo iso constitúe en si a zona core do ben patrimonio mundial, sometido, xa que logo, á rigorosidade da protección máxima para garantir a súa conservación.
O maior museo ao aire libre
Esas 86 hectáreas de terreo albergan non só a icona da cidade, a torre de Hércules, senón pezas escultóricas modernas e reliquias de culturas anteriores que, co pano de fondo do Atlántico, constitúen o maior museo de Galicia ao aire libre. Porque a arriscada xeografía foi razón de ser para levantar a Torre e, dúas mil anos despois, colaborou tamén a elevala a patrimonio da humanidade.

TREIXADURA NOVAMENTE  ESTARÁ NO PROGRAMA "ALALÁ"
O mellor grupo folk de Galicia dende fai varios anos con sede social en Cambados estivo onte gravando un novo programa para a TVG en Cambados, concretamente no Pazo da Capitana e para o espazo "Alala" onde xa estiveron en varias ocasións. Presentaron os temas do seu derradeiro disco que se vai chamar "ESA SI QUE É MUIÑADA" rematando así a tetraloxia que comenzaron con "UNHA NOITE NO MUIÑO", o que lle seguiu "UNHA NOITE NON É NADA" e "UNHA SEMANIÑA ENTEIRA", que foi un éxito de ventas sen precedentes no folk galego.  Xa dixemos neste mesmo espazo que cabe a posibilidade de que o disco se presente no propio Paz da Capitana esta primaveira con fotos do afamado fotografo cambadés Eduardo Apariz. Tamén se gravaron escenas o parecer no bar de "Ermitas" no centro de Cambados.

O cantante Quique González, unha fotografia de Karlos Abal.
UNHA FOTO DE KARLOS ABAL PORTADA DUN LIBRO SOBRE O CANTANTE QUIQUE CONZALEZ.
Quique González é dese tipo de músicos que non abundan no panorama nacional.
Karlos Abal
Logo de publicar o seu terceiro disco Paxaros Mollados, decide romper coa súa discográfica e embarcarse nunha xira en solitario por pequenos locais de toda a xeografía española nunha xira denominada Pelexando á contra (podes ler un manifesto de Quique co mesmo título na súa páxina web www.quiquegonzalez.com onde explica as razóns da ruptura coa compañía) e empezar a auto-producir os seus discos.
Por todas estas cousas e para coñecer os seus próximos proxectos o escritor Eduardo Izquierdo ponse en contacto telefónico co músico madrileño e froito dese contacto e de moitos mais está a punto de rematar un libro, que estará nas librarias dentro dun mes. A portada dese libro vai ser obra do polifacitico de Barrantes e asiduo da noite cambadesa Karlos Abal e que podes ver acompañando a este nova a cal foi realizada no Teatro Colon.


As mulleres ruraris nun taller
de risoterapia.

CHARLA - COLOQUIO SOBRE "O COIDADO DOS PES"
A asociación "A Seca" das Mulleres Rurais de Corbillón - Cambados organiza esta tarde as 18:00h unha charla - coloquio sobre "O coidado dos pes.
Intervira a Doutora en Podología Dna. Paula Alcalde
Asimesmo a directiva quere recordar as actividades que se estan a realizar nestes momentos.
LABORES: Lúns e mércores
BOLILLOS: Martes
MANUALIDADES: Venres
PINTURA OLEO: Sábado
Teléfono de contacto: 690843493

UBICACIÓN DA ESTATUA DE ASOREY
O final a estatua non vai nin onde queria O Alcalde Luis Aragunde nin ondequeria o Delegado provincial Toruis, a final vai donde quere o seu autor, o escultor Lucas Miguez, o lugar escollido por este e o remate do Paseo da Calzada preto da entrada do Parador en nas inmediacións da caseta de Guimatur. En principio barallabanse varias opcións tales como a propia Praza de Asorey fronte a su vivenda natal, a Praza do Concello e a concluencia entre Avda de Vilariño e Avda de Madrid, o remate prevalece a escollida polo propio escultor. A inauguración da estatua será o vindeiro cinco de marzo.

VISIÓN DUNHA MADRILEÑA DAS RUINAS DE SANTA MARIÑA
Mayte Vidal e unha madrileña que grazas as súas gañas de viaxar caiu un día por Cambados. A súa maior afección é a fotografía. Gústalle fotografar todo canto se pon diante da súa cámara.
Tamén lle gusta viaxar, saír de excursión pola montaña, e capturar eses lugares que quedan na memoria.
Sempre se dixo que unha imaxe vale máis que mil palabras. Se a iso, engadímoslle un pouquiño de música, temos o cóctel perfecto para gardar belos recordos de lugares e momentos vividos. Un deses intres é o video que podedes sobre as Ruinas de Santa Mariña premendo AQUÍ .
E iso é o que fai, pór música ás súas imaxes e gardalas en forma de clips.
Espera que vos gusten, e gocédelas.
Podes ver máis fotos de Mayte entrando no seu espazo http://dondebrillaelarcoiris.blogspot.com/

Ningún comentario: