25 de feb. de 2011

Feliz cumpreanos os nosos aigos do facebook: Ana Paula Cineco Lima, Carlos Costa Otero, El Viejo Caracol, Pablo Piñeiro Meixús, Paula Leiro Soto, Roberto Outeda Vieites, Sabela Búa

GRAZAS A TODOS OS NOSOS AMIGOS QUE NOS FELICITARON
O CONTRA BANDO DE UNHA GRANDE CHEA SAE O VINDEIRO LUNS
Antes de nada dicir que de ben nacidos e ser agradecidos, onte tivemos todo un record de felicitacións no noso facebook, foron centos os amigos que nos felicitaron polo cumpreanos de Unha Grande Chea, onte 24/02/2011 a Chea cumpriu 26 anos. ¡¡¡Toda unha vida!!!. Grazas a todos os que nos felicitaron de verdade, sodes maravillosos. Tedes a nosa páxina e noso facebook a vosa disposición para o que queirades.
Doutra banda temos que decirvos que o vindeiro luns publicarase neste espazo o Contrabando deste ano, un contrabando do que so vos podemos adiantar que vai sobre o tabaco. Tamén vos adiantamos que o “avión” vai vento en popa e vai causar sensación neste antroido, queremos morrer gozando do Entroido. O sábado cinco de marzo as 8 da tarde o avión estará na Praza de Alfredo Brañas para que o poidades ver e sacar fotos nel. É espectacular.

ESCUMA ANIMA O CARNAVAL CAMBADÉS
FESTA DO ENTROIDO: HABÍA UNHA VEZ...UN CIRCO!!!!!!!!!!!!!!!! AAAAAAAATENCIÓN: Señores e señoras, nenos e nenas, animais de campo e de cidade!!!!Así comeza a función!!!Co circo do Escuma!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!Estades convidados ó noso espectáculo do momento o venres catro de marzo a iso da media noite: PAIASOS DE BARRA FIXA; TRAPECISTAS DE BAILE SOBRE SIFÓN, DOMADORES PIOLLOSOS DE ZORR@S E DEMAIS PAXAROS DO CEMINTERIO, E ANIMAIS...¿?, DISTO IMOS SOBRA'OS!!!!!!! O NUNCA VISTO, A SENSACIÓN MUNDIAL!!!!!!(Segunda consumición pola´'face'' a quen veña disfrazado de persoaxe de circo; o resto tendrá que hipnotizarnos para poder convidalos)...JA JA JA!!!!!!!!!!!
Estamos en: Cervexería Escuma, Rúa Orense nº 14, Cambados

XURXO DURAN EN BORRON 4
De esquerda a dereita Chon, Xurxo Durán, un amiga deste, Luis
Silvoso e Lupe Miser.
Con 18 anos descubriu a súa verdadeira paixón pola pintura «a primeira gran experiencia estética foi a partir dá linguaxe do debuxo», recoñece o artista. Comezos e formación Coa inspiración non é fácil topar pero din os entendidos que é mellor que che atope traballando. E niso está Xurxo Durán. As liñas, as cores, as texturas son todo un campo novo para este pintor. Ata o momento, estudou na escola de Belas Artes e Oficios San Eloy, en Salamanca, e desde estas terras castelás, deu o salto ata a comunidade valenciana onde, rematou o segundo ciclo na Facultade de Belas Artes de San Carlos.. Ilusión, dúbidas e referencias Este creador bebe da influencia dos grandes da pintura. Entre eles, ten como punto de referencia ao expresionista Francis Bacon ou ao soado Picasso. Talvez, estes dous artistas sexan claves para entender a súa forma de concibir a pintura. Aínda que o creador aínda non ten claro se utiliza a pintura para expresarse ou para entreterse. Pero iso xa se verá.
O artista cambadés inaugura este venres 25 de febreiro a súa exposición “TACHA”, na galeria Borrón 4 de Cambados. A exposición estará dende o 25 de Febreiro ate o 2 de Abril e pódese visitar no seguinte horario: De martes a sábado de 11,30 a 14,00 e de 18,30 a 21,30 GALERÍA BORRÓN 4. Av. Galicia, 39 Cambados (Pontevedra) Telf. 986.52.01.22. borron4@terra.es

O REFUXIO DOBLEMENTE DE ACTUALIDADE
Este Sábado 26 de Febreiro, ás 12:00 da mañá no Refuxio de Animais de Cambados, Lgr. Refoxos s/n, 36634, Corbillón, Cambados, (PONTEVEDRA) será a presentación oficial da NOVA CAMPAÑA DE ACTIVIDADES DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS.
Para iso invitanos a todos os cidadáns, asociacións, centros escolares, etc... a que veñan a esta presentación e poidan coñecer con todo detalle os nosos novos proxectos....
Para levalos a cabo queren que todas aquelas persoas, cidadáns, estudantes, centros escolares, asociacións xuvenís, profesionais, etc... formen parte desta actividade e DEIXEN A súa PEGADA.
Exactamente! DEIXA A túa PEGADA será a súa primeira actividade dunha CAMPAÑA PIONEIRA non só en Galicia senón en España.
Para esta actividade non piden diñeiro, senón a túa colaboración, a túa participación, a túa PEGADA.... que perdurará no tempo e axudará a cambiar moitas cousas....
UNHA VECIÑA DE VILANOVA AMENAZA A OLGA COSTA
Unha veciña de Vilanova ameazou á responsable da protectora de animais de Cambados, Olga Costa. Os feitos tiveron lugar o pasado luns cando a vilanovesa quixo abandonar un can no floco. Despois de que Costa lle explicase que non había espazo para ese can, a muller ameazouna e ata fixo ademán de agredila. Costa puxo os feitos en coñecemento da Policía Local de Cambados, que abriu unha investigación. O sucedido quedou rexistrado nas cámaras de seguridade que ten o floco cambadés. Dende aquí a nosa soliedaridade e o noso apoio a Olga Costa.

CURSO DE INGLÉS EN CAMBADOS.
A Academia Elisa de Formación impartirá do 01/03/2011 ao 30/03/2011 un curso de Inglés Práctico e Comercial de 45 horas de duración en Cambados. O curso será impartido de luns a xoves e de 20:00 a 22:30 horas. Non haberá clase o 8 e 9/03/2011 (entroidos).
Se queres asistir ao curso tes que poñerte en contacto coa academia no teléfono 986507019.
Nova recollida http://www.cambadosweb.net/


XA ESTÁ AQUÍ GRAZAS A CHARO GARCIA O NOVO TRATAMENTO DE KERATINA BRASILEÑA
Charo Garcia
Charo Garcia Perruqeria presenta un novo tratamento, recén chegado dos Estados Unidos, para loitar contra a caída do cabelo e a súa falta de forma, a base de Kueratina: a Plástica Capilar
Moitas mulleres sofren unha melena reseca, sen brillo, cunha aparencia apagada, sen vida e ademais dependendo da estación do ano, sofren tamén a súa caída en exceso.
As puntas abertas son unha das suas maiores preocupacións e os cabelos desgastados por procesos químicos e as agresións diarias obteñen aparencia porosa., abertura das escamas e perda de nutrientes, o que provoca a caída do cabelo máis débil.
Ata con hidrataciones constantes, as cutículas abertas non conseguen reter os compoñentes vitais para un cabelo saudable.
Por iso Charo Garcia Perruqueria tráeche o máis novo tratamento capilar, a Plástica Capilar, con activos que repón a Kueratina que foi perdida co transcurso do tempo, selando as cutículas e reducindo ata o 30% do volume.
A súa fórmula restaura as puntas partidas, mantendo o cabelo aliñado e definido sen a alteración da estrutura natural do cabelo. Os lisos quedan máis lisos e os ondulados obteñen ondas perfectas.
Proba o tratamento en Charo Garcia Perruqeria.

RESTAURANTE O TORQUE - A TAFONA (CALDAS DE REIS)
Un amigo do noso facebook quere que lle botemos unha man a promocionar un bo restaurante duns amigos. É un restaurante de estilo moderno e a súa carta está composta por gastronomía tradicional, cun toque moderno e a moi bo prezo.
Para ambientarvos nos que vos podedes atopar no seu pouco extensa pero contundente carta se queredes ir abrindo boca cunha ensalada con fideos de mar (9,5€), ou unha ensalada amornada de vieiras (11€) (entre outras ...cousas).
Podemos continuar cunha arroz de polbo con vieiras (mínimo 2 persoas, por 33€)....
Se sodes máis amigos do peixe, teñen un linguado á améndoa (16€) que é unha exquesitez...
Se pola contra, sodes máis amigos da carne, teñen unha pechuga de polo rechea de lagostinos (9€) e brochetas de solombo de porco ibérico con lagostinos (11,5€), que son un pracer para o padal...
Se vos queda un oquiño, por 3,5@ teñen un nutrido grupo de sobremesas do que me gustaría destacar a torta de noces e arándanos...
Todo isto regado cos mellores viños, tintos e brancos da nosa terra.
Logo se vos animadees e a situación acompáñao podredes tomarvos uns chupitos por cortesía da casa.
Recordade que podredes reservar para comida e cea nos tlfs 639684196 ó 986530989.
O noso amigo só nos pide que nos acheguemos, tanto o servizo como a comida, non vos defraudarán.

Ningún comentario: