24 de feb. de 2011

Hoxe cumpren anos os nosos amigos do facebook: Fabian Solis, Isa Rodiño Bemposta, Juliana Dios Barreiro, Nuria Rodriguez Rosende, Pablo Chaves Gonzalez, Pilar Rey, Sole Oubiña Millan, Terence Olijfveld

UNHA GRANDE CHEA VAI FACER “O AVIÓN” NESTE ANTROIDO.
Preme na imaxe para vela ampliada.
Como se di en Cambados “Temos unha idade”, e este pode ser o noso derradeiro Entroido, moitos pasamos dos cincuenta e algúns incluso dos sesenta e xa é hora de ir retirandose, pero non queremos retirarnos de calquer xeito, queremos retirarnos o grande e este ano estamos a “facer o avión”, pero non no sentido peiorativo da frase senón no “strictu sensu”. Estamos a construir un avión de case sete metros de longo que vai causar sensación no pobo. Como xa vos dixemos este ano imos disfrazados de folga de controladodores o e tema vai de avións. Por sorte contamos no equipo cunha persoa que senon é a perfección e o mais aproximado a ela, Tomas Caula (pai), o avión vai feito a medida , o centimetro exacto, con luces, con pasaxeiros no seu interior, Tomás non quere un avión calqueira, quere un avión onde nos poidamos divertir todos, indo dentro do mesmo. Como di el a este avión "só lle vai facer falta voar". Na foto podedes ver a Tomas Caula nun primero plano e os “obreiros” traballando as súas ordes, tamén podedes ver os planos do avión en varias alzadas realizadas polo propio Tomás. Este avión en principio vai sair o sábado do Entroido e casi seguro vai participar no desfile do domingo e o martes, unha peza de museo así non se pode desperdiciar. Mais para diante veredes nesta páxina o “making off” de cómo se construeu este avión, foto a foto. Por certo o "contrabando" xa na está no forno e xairá un dia destes, este atentos a está páxina.

¿QUEN MANDA EN CAMBADOS? ¿TANTO CUNDE TOURIS COMA ARAGUNDE?
O vindeiro venres, 4 de marzo inaugúrase a escultura de Asorey, obra de Lucas Míguez. A súa ubicación foi motivo de disputa entre Aragunde e Tourís. Mentres Luis era partidario de colocala na praza do Concello ou no paseo da Calzada, Tourís decantábase por poñela no cruce da Avda Madrid coa Avda de Vilariño (diante do edificio que fai curva) por considerar que desta maneira sería vista por todos aqueles que circulasen en coche por esa vía.
Alguén ten algunha dúbida de cal será a ubicación definitiva da escultura? O vindeiro día cinco saimos de dúbidas.
Informou: O Topo de Unha Grande Chea no Concello de Cambados.

PACO O DE SENXA PROTAGONISTA “XUNTO CON CUNQUEIRO” NO ATENEO DE SANTIAGO.
O Ateneo de Santiago rendeu onte tributo a Álvaro Cunqueiro para conmemorar o centenario do seu nacemento, nun acto que tivo lugar na sede da Fundación Caixa Galicia e no que interviñeron o catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago Francisco Fernández Rei, quen analizou a presenza do mar na obra do autor; y Gustavo Pernas, autor, actor e director teatral, e Ánxela G. Abalo, actriz e directora de teatro, quen representaron varios poemas e relatos do célebre escritor.
Aínda que falar do mar en Álvaro Cunqueiro, un home de terra adentro, pode parecer un pouco raro, o escritor de Mondoñedo tivo moita relación literaria co mar, segundo resaltou Francisco Fernández Rei, en parte porque a súa familia paterna era de Cambados. «Cunqueiro non é un poeta do mar, como Manuel Antonio, pero ten un léxico do mar que se escapa do común e moi literario», destacou o catedrático da USC.
Fernández Rei centrouse na poesía do escritor galego, comezando polo seu primeiro poemario, Mar ao norde, cando tan só tiña vinte anos, unha obra de temática mariñeira que, segundo o profesor compostelán, «está en parte inspirada polo éxito de De catro a catro, de Manuel Antonio». Pero o poeta, narrador e dramaturgo xa escribira antes da Guerra Civil outros poemarios, como Cantiga nova que se chama riveira, nos que xa había algúns versos inspirados polo mar. Francisco Fernández Rei aclarou que na segunda edición deste poemario, en 1967, «foron engadidas varias cantigas, algunha fermosísima como unha cantiga neotrobadoresca dedicada ao mar de Arousa e á dorna». O catedrático falou tamén do Cunqueiro narrador e especialmente desa «entrañable historia de piloto quixotesco» que foi Se o vello Simbad volvese ás illas, así como do seus artigos xornalísticos.

“LAMPREATUS DIGITUR”
Dise que as mellores lampreas son as que se preparan nas beiras do Ulla. Non en balde, é neste río onde se pescan estes prezados exemplares. Con todo, dous cambadeses reivindican, desde hai tempo, o bo facer na cociña da lamprea. Trátase de Yayo Daporta, propietario do restaurante do mesmo nome, e Antonio Botana, dono do Pandemonium. Hai xa anos que estes dous cociñeiros se dan cita ante un nutrido e glotón grupo de amigos para someterse ao seu ditame sobre quen ten a mellor man á hora de cociñar a lamprea. É xa un duelo anual, que non sempre ten vencedor. E é que nesta ocasión ambos demostraron que a experiencia é un grao.
Todo empezou hai agora catro anos. Cos seus dous restaurantes recentemente abertos, os seus amigos retáronos a que non eran capaces de preparar unha boa lamprea. Ambos se puxeron ao choio pero, nesta primeira edición, ningún dos dous resultou gañador. Entón, a mellor peza preparouna Pilar , cociñeira do bar Silva de Cambados, aínda que as lampreas elaboradas polos dous cociñeiros lograron tamén conquistar os padais dos comensais. Nas seguintes edicións, as preparacións foron mellorando e, unha vez un, outra o outro, ambos cultivaron triunfos por igual. O duelo volveu repetirse esta semana pero, nesta ocasión, non houbo un claro triunfador.
Foi o pasado luns cando Daporta e Botana reeditaron o reto das lampreas. Fixérono ante un nutrido grupo de amigos, que se deu cita no pazo de Quintanilla. Para a ocasión preparáronse seis pezas do Ulla, pois a lista de comensais prevíase que ía chegar á vintena. Aínda que o prato forte era a lamprea, o menú incluíu tamén uns mexillóns ao vapor e un lechazo, do que todos os presentes deron boa conta. A comida comezou máis ben tarde. Cada un dos cociñeiros tiña a misión de preparar tres exemplares, que cociñaron á bordelesa, seguindo a forma tradicional. Tratábase de lampreas do Ulla. Cada ración serviuse co seu correspondente arroz branco e cos seus picatostes, como manda a tradición. E os comensais estiveron de acordo en que era case imposible elixir a un gañador deste xa tradicional duelo. As seis lampreas estaban no seu punto xusto de cocción e cunha salsa desas nas que merece a pena mollar pan. Proba diso é que desas dúas cazuelas que ven cheas de lamprea na imaxe non quedou nin a mostra. Ata houbo algún que se queixou de que soubera a pouco. Por suposto que a comida foi unha escusa para gozar dunha tarde na que non faltaron os risos e o bo humor. Haberá que esperar ao ano que vén para ver se entón hai un gañador claro. Porque ambos prometeron que o duelo, terá unha seguinte edición.

Maximino co Presidente de Unha Grande Chea
e con afamado fotografo Eduardo Apariz.
UN XEFE DA POLICIA LOCAL IRREPETIBEL. A MAGOA SON OITO ANOS QUE O PP NOS PRIVOU DA SUA SABIDURIA POLICIAL.
O inspector xefe da Policía Local solicitou unha comisión de servizo que lle permitirá trasladarse á comisaría de Ourense onde seguirá ostentando o mesmo cargo. Maximino Cid Ferro aduce motivos persoais para solicitar este cambio que, asegura, prolongarase o estritamente necesario, calculando que sexan uns meses. A falta de confirmación oficial, sería o cabo Padín quen asumiría as súas funcións á fronte do corpo.
Cid Ferro volverá á cidade onde desenvolveu gran parte da súa carreira profesional (máis de 20 anos) e existe unha praza vacante de inspector e, xa que logo dotada de partida orzamentaria, que lle permite o traslado temporal. Para iso cursou solicitude ante o alcalde de Cambados e o seu homólogo ourensán, Francisco Rodríguez, ao ser necesaria a súa autorización para esta especie de intercambio de funcionarios.
Maxi con varios amigos seus , e tamén con Xaquin Xesteira e o
directivo de Unha Grande Chea José Maria Daporta.
Unha vez obtido o permiso de ambos os rexedores, o xefe cambadés dispón dun ano no posto, prorrogable a un máis. Con todo, espera que os asuntos familiares que alí lle reclaman non lle leven máis duns meses e a súa ausencia no posto cambadés non se prolongue demasiado no tempo.
Cabe recordar que o axente tomou posesión como inspector xefe en decembro do ano pasado, pondo punto e final a oito anos de litixio contra a administración local por devandita praza. Foi un momento emotivo para o ourensán que xa levaba un ano á fronte do persoal cambadés pero en funcións, ata que completou a formación que o acreditou para exercer o cargo que ostenta a día de hoxe.
Desde a súa chegada á localidade arousá soubo gañarse o agarimo e o respecto dos seus compañeiros e tamén o dos veciños. Así pois foi un dos principais promotores da participación da asociación de discapacitados Esperanza Salnés no concurso da Dirección Xeral de Tráfico, logrando o primeiro premio.
E é que Maximino Cid Ferro soubo conxugar a súa preparación en materia de seguridade viaria coas necesidades reais da vila e, de feito, celebrouse un congreso que no resto de España só tivo o seu homólogo en Salamanca. Ademais, foi o promotor da posta en marcha da patrulla en bicicleta e do primeiro plan específico de seguridade e vixilancia par a emblemática Festa do Albariño que, espera, volver xestionar para a edición deste ano.
Con el tamén chegou o novo equipamento para o corpo local e propostas ambiciosas como o programa de control de consumo de alcol durante a movida cambadesa do fin de semana, para evitar que os mozos puxésense ao volante tras consumir bebidas espirituosas.
Maximino tivo tamén a deferencia de participar con Unha Grande Chea na “V Cata Fuciños de Porco Dourado” que tivo lugar en Outubro pasado no Pazo de Ulloa de Cambados e facer entrega dos principais premios da mesma, o cal lle agredecemos de xeito especial. Boa sorte no teu novo destino en Ourense e esperamos que volvas a Cambados moi pronto Maxi.

JUAN MACEIRA, OU A ARTE DA PAPIROFLEXIA
Como todos sabedes Juan Maceira foi un profesor exemplar en distintos centros educativos rematando a súa dilata e fructifica vida profesional no Colexio Público de Santo Tome onde sentou cátedra. O noso amigo e Secretario de Unha GrandeChea, Domin , quixo inmortalizalo a modo de caricatura e aboafé que o consegueu. Juan é un namorado da “Papiroflexia”,
A “Papiroflexia”, é o termo usual para “paperfolding” en países hispanos.
Con todo, aínda que que é o equivalente de “Papierfalten” en alemán ou “Paperfolding” en Inglés, que é unha palabra xustamente recente, foi inventado por Dr. Vicente Solórzano Sagredo, probablemente ao redor 1910. O Dr. Solórzano, inventou palabras novas e entre elas “deltoides”, “deltoidología” e “papirola”.
En español, co termo “facer paxarelas”, desígnase a distintos modelos encartados. Por conseguinte, a palabra “paxarela” en usanza galega podería ser referida a calquera dos modelos.
As palabras “papiroflexia”, “papierfalten” e “paperfolding”, ningunha podería ser considerada antiga, elas parecen haberse orixinado como un resultado do uso do encartado de papel no Xardín de Infantes de Fröebel, e por haberse orixinado en Alemaña, “papierfalten” debería considerar primeiro, é difícil de datar, pero ao redor de 1870, cando comezan os “kindergarten”. Ben Juan Maceira e sen lubar a dubidas unha autoridade na meteria en Cambados e unha das máscimas autoridades na provincia de Ponbtevedra neste materia , i é un verdadeiro espectáculo velo traballar na súa afección preferida.

COIDADO COA CONFESIÓN
Un home vai á igrexa parroquial de Cambados a confesar os seus pecados. Moi arrepentido dille ao cura:
- Pai confésome de que... roubei unha galiña!
Reza 3 pai nosos e devolve ese animal ao seu dono.
-Non podo pai... cominma.
-Ben... entón que sexan 6 pai nosos e páguelle a galiña ao dono.
-Pai... é que non me acordo de onde a roubei... estaba moi bébedo.
O cura, enoxado dille:
-Está ben ! ...reza un rosario completo, colle 20 € e á primeira persoa que atopes ao saír da Igrexa dásllos en penitencia....
O home vaise ao fondo da Igrexa , reza o rosario e cando sale, disposto a cumprir co resto da penitencia atópase a unha moza na esquina... estira a man e dille: Teña señorita 20€.
-Non querido... son 50€
-Pero, como que 50€ ! o cura díxome...
-Eh, ehhh.... que o cura é cliente de moitos anos...

Ningún comentario: