22 de feb. de 2011

Hoxe cumpren anos os nosos amigos do facebook: Marcos Casal Martínez, Maria Leiro, Maria Losada, Miguel Chaves Miguel, Pablo Casal Martinez, Rocio Rial Rey

O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA CARLOS BLANCO, NA PERA
Carlos Blanco, o primeiro chalequeiro noemado por Unha Grande Chea, prestixioso cómico e actor, almodobariano de fama internacional actuará o vindeiro venres 25 de Febreiro na Discoteca A Pera. A actuación terá lugar as 23.30 horas e xa están a venda as entradas polo módico prezo de cinco euros se a mercas anticipadamente e seis euros no despacho de billetes. Previamente podes mercalas na Discoteca A Pera, Café Copacabana e Bar o Paseo .

José Vilas Losada en plena acutación en OT.
UN CAMBADÉS EN OPERACIÓN TRIUNFO. JOSE VILAS LOSADA ACTUOU CO GRUPO CORNELIUS
É de todos sabido que o cambadés José Vilas Losada, como diria o refrenaiero galego “de tal pau tal astilla”, respira música por todos os lados,  por unha banda e sobriño e neto de músico pola outra o seu pai e músico de toda vida, ven de actuar co seu grupo “Cornelius” na gala final de Operación Triunfo que tivo lugar o domingo pasado, como artistas invitados intepretando o tema 1960, podes ver a súa actuación premendo AQUÍ. Parabéns o seu grupo e por suposto o noso paisano.


O XAV XENIOR MAIS PRETO DA PERMANENCIA
Terceiro partido consecutivo gañado polas senior. Un resultado que as coloca nunha posición máis cómoda a falta de cinco xornadas para o final da Liga. Quedan tres partidos contra os tres primeiros clasificados e dous contra rivais directos. Os encontros contra a Universidade de A Coruña e o Dompa Xestión de Ourense deben certificar a permanencia, obxectivo da presente temporada despois do ascenso do ano pasado.
As xuvenís viñeronse abaixo no terceiro set dun partido que foi igualado ata ese set.
As cadetes colocaronse con esta cuarta victoria ben lonxe das promocións de descenso; perigo moito máis cercano para as infantís tras derrumbarse no final de partido contra o Manuela Rial de Dumbría.
As cadetes B remataron con outra holgada victoria a Liga que xa tiñan gañada.
E as pequenas, alevíns e benxamíns, empezan a aprender o oficio e a divertirse nas súas respectivas ligas zonais.
Para ver resultados e clasificacións preme AQUÍ.

UNHA GRANDE CHEA CREE DESCUBRIR CASE CON TODA SEGURIDADE O “AS” DO ALCALDE ARAGUNDE. ESE “AS” FOI MEMBRO DE UNHA GRANDE CHEA.


Benito Pelea e o Chonito levandoun moneco
para o enterro da sardiña, antes
compañeiros e agora rivais.
 
Hoxe Faro de Vigo publica unha entrevista o noso Alcalde Luis Aragunde , da cal falamos nun artigo máis adiante titulado “Non hai dereito”, di a preguntas do periodista o “noso querido” Alcalde : “Algunha variación si vai a existir. Temos un as na manga. Pero sobre todo, os cambios produciránse hacia o final da lista. Non van a ser demasiados”. Unha Grande Chea está en condicións de afirmar case categoricamente, por fonte fidedigna, que esa “as” que ten o Alcalde Luis Aragunde na manga, perteneceu a esta Asociación nos seus primeiros anos ten de nome Benito e mais coñecido por Pelea.


Luis Aragunde no 2070 , esperando ainda a peatonalizar a Praza
de Fefiñans.
Este espazo foi o primeiro en publicar a nova, primeiro de coña o 28 de Decembro, pero logo foi tomando corpo e xai deixou de ser unha broma, para ser a gran carta que agocha o noso Alcalde, esperemos que unha vez se confirma este teña a diginidade profesional de dimitir do seu cargo de Patrón Maior e pedir perdón de paso a Maria Xosé Cacabelos e a lista opositora por acusalos de facer politica. De todos os xeitos esa “as” pode ser un cabalo “sen domar”.
Noutra parte da entrevista e o respecto da praza de Fefiñans di o noso rexidor: “Non estou en contra da peonalización pero creo que non é o momento porque comerciantes e hostaleiros íanse a resentir. Son datos obxectivos: de feito, a metade do verán está pechada e o sector nota un baixón nos seus ingresos. Imos esperar a épocas de bonanza, dentro de seis ou sete anos”. Tan seguro está este homiño de que vai gañar as vindeiras eleccións municipais e non só as vindeiras senón tamén as seguintes porque  di que o da peonalización vai para dentro de cinco anos (as lexislaturas duran catro) , un tanto presuntuoso o noso Alcalde e un pouco inocente o periodista , ¿Non vos parece?.

TREIXADURA NO III CONGRESO DE MUSICA TRADICIONAL “TERRA DE TRESANCOS”
Unha imaxe de Treixadura.
O Gruo Treixadura foi convidado polo Toxos e Froles e acudirá a Ferrol no mes de abril , porque o Real Coro acolle os días 29 e 30 dese mes, o III Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos". Este congreso, herdeiro dos que se celebraran nos anos 1997 e 1998, desenrolarase en horarios de mañán e tarde nos días sinalados.O Toxos e Froles anda xa pensando na celebración do seu centenario no ano 2015.
Teñen confirmada a súa participación persoeiros como CARLOS NÚÑEZ, gaiteiro de Vigo de recoñecido prestixio internacional e bandeira da música galega na actualidade; CARLOS BECEIRO, músico de Narón que forma parte do grupo "La Musgaña", cun amplo coñecemento tanto do folklore galego coma do folklore castelán; o xa mentado grupo "TREIXADURA" con enderezo social en Cambados, que falará sobre o seu traballo actual, no que se recollen a bagaxe musical dos coros históricos galegos; ALFONSO FERNÁNDEZ, director do Museo da Gaita de Xixón, gran coñecedor dos xeitos de traballar co material histórico e a recuperación das nosas tradicións materiais, orais, etc.

¡NON HAI DEREITO!  A PRENSA AROUSÁ NON É ECUANIME.
Isto é o que se está a dicir en varios foros e páxinas cambadeses por moitos internautas do que está a pasar en plena precampaña electoral en Cambados. Namentras PSOE e BNG apenas saen nos medios a coberturara que tivo a cea-mitin do PP con asistentas non só de Cambados, senón de toda a provincia de Pontevedra e de toda Galicia, foi totalmente desmedida e asi namentras os meritados grupos saen as súas novas en espazos reducidos e insignificantes o PP sae en algún en primeira páxina, noutros a doble páxina no interior e o menos unha paxina enteira , se contar a entrevista publicada o luns no Faro de Vigo o noso alcalde, totalmente vacia de contido parecian unhas preguntas feitas a medida polo Xefe de Prensa do Concello Benito Leiro a sazón ex-delegado de Faro de Vigo en Vilagarcia de Arousa. Así podemos ler no foro de Cambados TK a un usario: “teñen a voz de galicia , a sua enteira disponibilidad, mentras o faro de vigo sacaba a noticia da visita de feijo a cambados onte sabado , a voz saca, a visita e a cuchipanda, hoxe domingo , por que e o dia na que mais sente lee a prensa , e impresionante o control que teñen sobre os medios en arousa “. Doutra Banda outro dicia textalmente: “ta mais controlada a prensa aqui que en exipto, esto é algo por de mais e a xente dalle igual Censura na TVG control dos periodicos................. ¿pra que queremos democracia? que volva a ditadura asi polo menos sabemos quen nos da polo cu”. Namentras un tal Tomás tamén apostillaba: “Es intolerable el compadreo que se traen Diario de Arousa, Faro de Vigo y la Voz de Galicia con el PP de Cambados, le están haciendo la campaña gratis, es una verguenza. No a la manipulación informativa”. Namentres no facebook un tal José , do cal obviamos os apelidos dicia “Soy de ideoloia centrista, pero de un tiempo a esta parte estoy viendo en los medios de Arousa, sobre todo en Faro de Vigo, La Voz de Galicia y de manera especial en Diario de Arousa, una campaña politica a favor del PP, y en desagravio del PSOE y BNG. Los de derechas están jugando con bastante ventaja en este sentido.” Estes son alguns exemplos, asemade unha das páxinas mas lidas en Cambados http://www.cambados.tk/ , ven xa dende fai varios dias tocando o tema e este luns tamén sacaba un interesante artigo sobre a cuestión.
 Nos non queremos dicir que os periodistas, os empregados, os que “maman” as roldas de prensa teñan culpa disto, todo o contrario, todos sabemos que isto está orquestado por Louzan e ten atados de pes e mans figuradamente falando os directores dos medios arousáns. Isto non deixa de ser unha dictadura do que se chama en denominar o cuarto poder, e hora de que o PSOE e BNG tomen cartas no asunto namentras están a tempo e que non pase como nas Eleccións Autonómicas, que foron vendidos vilmente pola prensa o mellor postor neste caso os populares.


CEA DE ENTROIDO DO XUVEN
O vindeiro 12 de marzo, sábado de Piñata vaite ter lugar nas Adegas Martin Codax a tradicional e popular “Cea do Xuven” Os prezos: 35€ socios e 40€ non socios. Venta das invitacións: para os SOCIOS nas oficinas do Club no pabellón do Pombal coa presentación do carnet de socio (desde o 17 ata o 28 de febreiro no horario de 20:00h ata 21:30h) e para os NON SOCIOS, na oficina de NOVACAIXAGALICIA e na oficina do BANESTO (do 1 ata o 9 de marzo.) MENU: entremeses, laconada, postre, pan e viño. barra libre ata ás 03:30h actuación do grupo musical LA OCA Entre o personal non está sendo ben acollida a medida de acotar a barra libre ata as 3.30 horas, porque entre outras cousas pédese dar a paradoxa que as 3.15 horas empece todo mundo a acarrexar cubatas para as mesas, e iso non é de recibo nunha cea tan prestixiosa como a do Xuven, esperemos que a derradeira hora impere a cordura e como se fixo xa o ano pasado se retiere esa medida.

APARCAMENTOS “MADE IN CAMBADOS”
Estes días podiamos ver esta curiosa imaxe o final do paseo da Calzada, en plena tarde, un vehículo taponaba literalmente a saida do paseo a peóns e sobre todo os carros con nenos que eran en cantidade e que ese dia circulaban polo mais famoso dos nosos paseos, podemos dicir con toda seguridade que mesmo estivo bastante tempo no lugar polo que ocasionou traballos innecesarios a xente. Dende aquí pedimos o seu conductor quen quera que sexa que teña un pouco mais de coidado a hora de aparcar e a Policia Local un pouco máis de dilixencia.

Ningún comentario: