30 de mar. de 2011

30 DE MARZO DE 2011

RESIDES DE XEITO TEMPORAL FÓRA DE ESPAÑA SOLICITA XA O TEU VOTO!
O Goberno Central aprobou onte a convocatoria de eleccións municipais, que se celebrarán o 22 de Maio.
Ademais da modalidade clásica do voto por correo (que require facelo desde territorio español) desta volta por primeira vez nunhas eleccións locais poderán votar aquelas persoas que residan de xeito temporal no estranxeiro (por exemplo os estudantes de intercambio Erasmus ou calquera que se atope fóra de xeito non permanente).
Que pasos debes realizar e de que prazos dispós se queres votar?
O proceso é moi semellante ao do voto por correo tradicional:
1. Até o 23 de Abril (recoméndase acudir canto antes). O interesad@ deberá pasar persoalmente pola Oficina Consular ou Embaixada do país onde estea residindo temporalmente. Alí deberá solicitar a súa alta como non residente no Rexistro de Matrícula Consular mediante a entrega deste documento. Acto seguido poderá solicitar o voto entregando este documento cumplimentado e asinado, para ambos trámites haberá que amosar o Documento de Identidade ou Pasaporte.
2. Recibirás no domicilio que indicaches na solicitude a documentación electoral que precisarás para exercer o teu dereito, como sobres e papeletas.
3. Deberás remitir o voto non máis tarde do 18 de Maio por correo certificado e no sobre constará a data por medio dun mataselos da empresa de correos do Estado no que se resida. Teoricamente o proceso é gratuito, polo que se devolverían os custos do envío ao elector.
Cambados(tk) estivo e está en contacto con algúns cambadeses que residen temporalmente no exterior. Calquera novidade, problema, comentario que xurda da súa experiencia na tramitación do voto terá cabida nesta web nos vindeiros días. O que se recomenda é acudir canto antes ao consulado ou embaixada pertinente para evitar problemas. Se coñeces a alguén que resida temporalmente fóra de España e cres que isto pode ser de axuda, non o dubides e espalla esta publicación.
As instrucións de como votar por correo desde España (o voto por correo tradicional) publicaranse tamén aquí proximamente.

Menos Pitusa , todos acturán o domingo en Peña.
O DOMINGO IMOS DE BANDAS
O Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados acolle ás 17.30 horas deste domingo o festival zonal de bandas de música.
Son a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, A Vertula de Meis, a banda de Castrelo, a municipal de Ribadumia, a de Sanxenxo e a Unión Musical de Meaño. O certame acudirá como músico Xaquin Xesteira e a súa familia repartidos entre as bandas de Castrelo e de Ribadumia, e de seguro que oiremos tocar tamén a gaita. .


CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN CAMBADOS
O Centro Comarcal do Salnés - Exposalnés, ubicado no Paseo da Calzada, s/n, en Cambados, acollerá o venres 29 de abril, en horario de10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00, dous cursos de Manipulador de Alimentos. Dirixido a calquera persoa que esté traballando ou queira traballar no sector da alimentación: hostalería, restaurantes, tendas e supermercados, pesca e marisqueo, industrias conserveiras e de conxelados, cárnicos, vitivinícola, agricultura, etc. Está organizado por Enatop - Enxeñería e Servizos, e será impartido por entidade de formación autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, con número de rexistro 101/Ga. Os interesados poderán inscribirse e obter maior información no teléfono 654 25 24 50.Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés
,Paseo da Calzada s/n, 36630 Cambados (Pontevedra), Tl.: 986 52 60 13 - Fax: 986 52 40 12, Correo electrónico: ccsalnes@comarcasdegalicia.com

“TOÑO” EL DIABLO SOBRE RUEDAS EN CAMBADOS
Un dos clásicos de “El Hormiguero” de Cuatro TV, concretamente “Toño, El Diablo sobre ruedas”, estará o vindeiro 22 de Abril, venres santo, ás 22.30 horas no Salón de Congresos José Peña. Preme AQUI e poderás ver un dos numeros monologos de “Toño”.

FESTA DANCE DE PRIMAVEIRA

A Cafeteria Casarello sita en Castrelo – Cambados vai celebrar este sábado 2 de abril ás 23.30 horas a “Festa Dance de Primaveira”, con DJ Tomi & Jonny Be Good. Con catro copas, a seguinte saewche gratis así como un bocata, Haberá agasallos para todos.






HISTORIA DUN CHICHARO
Teatro Caracol estrea o vindeiro luns, 4 de abril, a súa obra deste ano, "Historia dun chícharo". As funcións son, como sempre, no salón de actos do instituto Francisco Asorey, en Cambados, e espérase que durante dúas semanas acudan a ver a obra ao redor de 3.000 nenos e adolescentes de preto dunha vintena de colexios e institutos do Salnés.
Os estudantes de primeiro de Educación Secundaria do propio Asorey e os escolares de Corbillón terán o privilexio de asistir á estrea do próximo luns. Pero tamén o público en xeral ten a oportunidade de ver a nova obra do que probablemente sexa o grupo de teatro afeccionado máis consolidado e "profesionalizado" do Salnés. As funcións para o público adulto son o domingo 10 de abril “ás 18 e as 20 horas” e o domingo 17, ás 18.
A directora da compañía, Olga González, conta que estes días apuran os últimos ensaios xerais, á vez que se colocan os decorados e "atrezo" da obra. "Historia dun chícharo" é unha versión libre dunha película que no seu día fixo a factoría Disney sobre o conto popular da princesa e o guisante, que recolleu o escritor danés Hans Christian Andersen.
A vintena de actores que se soben ao escenario do Asorey intentan transmitir na peza valores positivos, como os prexuízos do egoísmo ou a necesidade de loitar polo que un quere. Como é tradicional nos espectáculos de Caracol “que en 2013 cumpre 20 anos”, na montaxe que se estrean o luns combínanse o teatro de actores, a música, o humor e as coreografías de baile.

Ningún comentario: