27 de mar. de 2011

DOMINGO 27 DE MARZO DE 2011

FENOMENAL ACTUACIÓN DAS PANDEREITERAS DE VOLANDEIRA NO SERÁN DE CATOIRA.
Onte organizado polas Mulleres Rurais de Catoira tivo lugar no Centro Cultural da Vila un espectucular Serán que rematou sobre as tres da madrugada e entre outros grupos actuaou a Asociación Obradoiro Volandeira de Cambados, de quen destacamos a actuación das suas pandeteteiras (e pendereteiros). Notase o traballo semanal e os ensaios na csociación cambadesa así como o traballo dos seus mestres. O serán tivo un alto nivel e númerosa participación e tamén debutaron no mesmo o Grupo de Gaitas de Volandeira que tampouco o fixeron nada mal. Podes ver unha reportaxe fotográfica da actuación de volndaiera e do serán na columna da dereita neste mesmo espazo.

NA INAUGURACIÓN DO SALON DE PEÑA ESQUENCERONSE DO HISTORIADOR JACOBO DOMINGUEZ.
Os paneis realizados por Jacobo Dominguez foron o mellor
da inauguración.
Unha inauguración con discursos moi politizados tivo lugar o venres na de Peña ante preto de 150 persoas e do neto do fundador José Peña.. Numerosos familiares do fundador da fábrica reencontráronse onte con antigos traballadores. Todos puideron gozar de recordos en común vendo as imaxes de época, documentos e maquinaria exposta nun museo etnográfico, un impresionante traballo realizado polo cronista oficial da vila o historiador cambadés Jacobo Dominguez Pedreira quen por certo foi totalmente esquencido polo repetitivo discurso do noso alcalde. Un traballo impresionante o realizado por Jacobo, que foi a admiración dos ali presentes. Dicir por último que o salón en cuestión levaba aberto xa un ano.
MANOLO PAZ SERÁ HOMENEXEADO NA IFEVI
Do 7 ao 10 de abril celebrarase no Ifevi a segunda edición de Espazo Atlántico, a Feira Internacional de Arte Contemporánea de Vigo, que este edición incluirá unha exposición homenaxe ao artista galego Manolo Paz.
Máis de corenta galerías españolas e portuguesas integran este ano a mostra de arte que conta actualmente coa nova Dirección Artística de Pilar Ribal e a presentación dun atractivo Programa de Coleccionistas organizado por Around Art.
Entre outras novidades, hai que destacar a apertura dunha liña de difusión de programas e contidos doutras feiras, bienales, eventos e institucións artísticas e culturais. Esta iniciativa, concrétase en 2011 coa participación da Feira Loop de Barcelona “que exporá unha selección dos vídeos depositados nos fondos do Macba”, así como da Cidade da Cultura de Galicia, un dos proxectos culturais máis relevantes da comunidade anfitrioa.
Ademais organizáronse mesas de debate sobre coleccionismo e unha exposición-homenaxe ao artista galego e chalequeiro de Unha Grande Chea Manolo Paz (Cambados, Pontevedra, 1957), representado polas galerias Factoría Compostela e Isabel Ignacio.

ISI VAAMONDE PREPARA O SEU LIVE IN HEARTLAND
Isi Vaamonde con Chon no foto de e arquivo.
O músico cambadés residente en Madrid, Isi Vaamonde, segue a preparar o que será o seu  seguinte traballo 'Live in Heartland'. Agora mesmo os esforzos están a centrarse na fase de mistura dos once temas en directo que van a compoñer o disco.
Entre os temas que escolleu atópanse varias remisturas de temas como 'Miss U' e 'Air made man' do seu traballo New Sunshine Street de 2005, 'Fire in the hole' e 'Gipsy eyes' de Fire in the hole (2006), 'Anytime' de Plug&Play (2007), que xunto os novos temas 'Nothing personal', 'Field of stars', 'Petrified', 'Dead man walking' e as particulares versions, por non dicir visions, de 'Heroes' do gran David Bowie e 'Wish You Were Here' dos incríbles Immaculate Fools, formarán seguramente un gran traballo.
Mentres segue o proceso de mistura deste novo traballo Isi e a súa banda non paran, tocaron recentemente en The Irish Rover, Madrid. O 4 de xuño estarán no Festival de Música Diversa 2011, en Segovia, e ten moi avanzaza a sua participación para o 24 de xuño no Festival en La Granja, Segovia. Lamentablemente, de momento, no temos nada cerca "da terriña".
Nova recollida de http://www.cambadosweb.net/.

VÍDEO PROMOCIONAL DE CAMBADOS EN YOU TUBE
De casualidade atopou s www.cambados.tk un vídeo na plataforma de Youtube. Parece que é oficial do Concello de Cambados, xa que usan o escudo e o distintivo oficial, pero a conta é dunha empresa de deseño (Dreams Fractory) e só se indica como descrición do mesmo "Vídeo de promoción turística de Cambados". Polo tanto, haberá que agardar a confirmar este extremo. De momento, AQUI o spot.
Nova recollida de http://www.cambados.tk/  


A NAICIÑA ILUMINARASE DE AZUL POLO AUTISMO
Vía Facebook, no taboleiro de Cambados(tk), informan de que na noite do día 1 ao 2 de Abril terá lugar a iluminación da escultura A Naiciña da Praza Asorey en cor azul pola concienciación do autismo. Esta acción vén dunha campaña a nivel internacional (Light it up blue. Shine a Light on Autism), que en EEUU xa conta co apoio de máis de trinta mil persoas para a súa realización.
Lembrar que o día 2 de Abril se celebra o día do autismo, a asociación Por Dereito é un referente na comarca en temas de concienciación e integración e é a promotora desta e doutras actividades nas que o noso Concello tamén colabora.
Nova recollida de www.cambados tk  

“LETRAS DE CONTRABANDO”, UN NOVO BLOG EN CAMBADOS
Valentin Estevez Rial e un xoven cambadés, soñador, polifacetico, con moito dinamismo na rede, o seu derradeiro traballo acaba de sair a luz, un novo blog de poesia que ven a completar a que empeza a ser xa longa oferta cambadesa, nas suas poesias Valentin , amosanos as súas inquedanzas, a seu xeito de ver o mundo e a veces incluso os seus sentimentos, benvido a rede e pasas a engrosar a nosa lista de amigos querido Valentín.

Ningún comentario: