O BNG DE CAMBADOS PROMOCIONA A SÚA PRIMEIRA PARTE DA CANDIDATURA MEDIANTE UN VIDEO EN YOU TUBE
COMEZA UNHA DAS FESTA MAIS IMPORTANTE PARA UNHA GRANDE CHEA E PARA MOITOS CAMBADESES “O ENTROIDO”
COMEZA UNHA DAS FESTA MAIS IMPORTANTE PARA UNHA GRANDE CHEA E PARA MOITOS CAMBADESES “O ENTROIDO”
O avión de "Unha Grande Chea" está practicamente rematado. |
Hoxe comeza a grande festa para Unha Grande Chea e para moitos cambadeses. Esta noite no Café Contiental Festa Anos 60 con música do seu Dj particular Iñigo Silva a partires das 11.30 da noite, ali estaremos por suposto. Tamén a mesma hora na Cerveceria Escuma festa baixo a denominación de “Habia unha vez un circo” donde te invitan a primeira copa gratis se vas disfrazado para a ocasión. En “EN B” transformase tamén neste venres nunha caseta da tan coñecida fiera sevillana, co seu correspondente grupo de flamenco. Na fábrica de Peña festa anos 60 e 70 a partir das 23.00h no “Aqueles marabillosos anos música dos 60 e 70” na que actuarán os míticos grupos “La Comisaría”, “Esguince” e “Black Stones”. A entrada será de balde.
SÁBADO DE ENTROIDO
A partir das 19 horas saida do avión “Unha Grande Chea” dende o seu angar de Tragove, primeira parada técnica para repostar na Riveira de Fefiñans, logo segue o seu viaxe para a Praza de Alfredo Brañas donde se procederá a ionauguración oficial do aparello, percorrido polos bares de costume e sobre as dez , dez e media cea – baile no Hotel Os Pazos ata altas horas da madrugada.
A partir das 16.30h No Pazo de Torrado animación e festa infantil de entroido con música, inchables e obradoiros de maquillaxe a cargo de “Fantasía Animación”. 23.00h No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña Gran Baile de Entroido con premios para os mellor disfrazados nas categorías Individual, Parella e Grupo organizado pola Sociedade Cultural de Cambados, a Confraría de Pescadores San Antonio, e Concello de Cambados. A música e a animación correrán a cargo dos grupos “Lembranza” e “Tsunami”. A entrada será de balde. Os premios para os disfraces serán os seguintes:
Individual 100€ 80€ 60€, Parella 120€ 100€ 80€, Grupo 300€ 150€ 100€.
Iremos colocando o albún de fotos de cada día do Entroido neste mesmo espazo.
HOXE INAUGUROUSE O MONUMENTO A ASOREY
Hoxe as 18.00 horas tivo lugar o final do Paseo da Calzada xa lindando co Parador a inauguración do monumento a Francisco Asorey, tratase dunha talla en bronce traballando na pedra obra do escultor de Lucas Miguez, que xa fora tamén o aoutor da estatua de Ramón Cabanillas. Estaba presente o Alcalde de Cambados, o vicepresidente da deputación, o Director Xeral da Cultura, quen deu a nota da xornada, un dos fillos do escultor e os concelleiros da oposición Victor Caamaño e Rafael, por fin Luis invita a un acto que organiza o Concello os concelleiros da oposición, esperemos que non sexa a derradeira vez. Todos os cargos públicos que falaron dirixiron a publico en galego menos o Direcctor Xeral de Cultura o Sr. Picallo que o fixo en español. O acto rematou cun viño Albariño no Parador de Cambados. Podes ver un amplo reportaxe fotográfico da inauguración na columna da dereita.
HOXE INAUGUROUSE O MONUMENTO A ASOREY
Ofillo de Asorey dirixindose o público. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario