![]() |
Manolo Paz |
CAMBADOS HOMENAXEARÁ A ÁLVARO CUNQUEIRO E O PP NA PRÓXIMA EDICIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO
![]() |
Fraga e Cunqueira nunha edición da Festa do Albariño |
O concello de Cambados prevé realizar unha homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro, con motivo do centenario do seu nacemento, na LIX edición da Festa do Albariño, que se celebrará na primeira semana de agosto.
A Concellaría de Cultura terá que decidir cales serán os actos que se programarán en homenaxe a ''un dos impulsores e máis grandes defensores'' desta celebración.
Entre as opcións que se barallan para esta homenaxe ao escritor de Mondoñedo --e fillo dun cambadés-- figuran unha exposición fotográfica relativa á relación de Cunqueiro con Cambados e co albariño, unha conferencia e unha mesa redonda protagonizada por ''especialistas na vida e obra" do autor, así como ''algunha actividade de tipo gastronómico''.
Nos anos 50, Cunqueiro participou nas edicións desta Festa do Albariño, ''da man do seu amigo o avogado Bernardino Quintanilla'', e converteuse en ''pregoeiro, cronista trobador entusiasta do albariño'', destacou o Concello, que tamén incidiu en que as crónicas xornalísticas de Cunqueiro permiten hoxe día ''coñecer como foron aqueles albores'' dunha festa que "chegaría a ser a máis importante de Galicia e do estado español dedicada ao viño''.
Declarada de Interese Turístico Estatal, a Festa do Albariño de Cambados rexistrou en 2010 a visita de máis de 250.000 persoas a este municipio de pouco máis de 15.000 habitantes e a venda de máis de 70.000 botellas deste caldo durante os cinco días nos que se celebraron estas xornadas. Tamén se preve unha nova homenaxe o Partido Popular moi o pesar dos cambadeses.
A homenaxe deste ano a Francisco Asorey non se caracteriza polo vórtice de actividades que tivo o de Ramón Cabanillas, en 2009. No entanto, O I.E.S. Asorerey e Candea seguen traballando para devolver á actualidade a obra dun dos mellores escultores españois do século XX. O instituto de Cambados que leva o nome do artista inaugurou unha exposición. O acto serviu tamén para a presentación en sociedade dun documental elaborado polo taller de audiovisual do centro, así como dunha páxina web que permite ver en tres dimensións as obras de Asorey. Faltou o acto , como non podia ser menos representación do Concello.
Alumnos e profesores do instituto de Cambados Francisco Asorey levan meses traballando na homenaxe ao escultor que lles presta o nome. O centro non quixo pasar por alto o 50 aniversario da morte do artista, e onte presentou en sociedade tres dos traballos elaborados pola comunidade, que son unha exposición, unha páxina web e un vídeo.
O audiovisual foi confeccionado polo "Taller Lumiére" e os estudantes realizaron viaxes por distintos puntos de Galicia coa finalidade de gravar as principais obras de Asorey, como os monumentos a Curros Enríquez e San Francisco da Coruña e Santiago, respectivamente. Os alumnos visitaron tamén durante a rodaxe Cangas, Marín ou A Estrada.
O vídeo é un documental no que se recollen tamén entrevistas con expertos na vida e a obra de Asorey, así como doutros artistas, como Maribel Igrexas Baldonedo “unha profesora do instituto que está terminando unha biografía sobre o homenaxeado” sen axuda institucional algunha, ou Manolo Paz.
A inauguración foi recentemente e a mesma serviu para presentar tamén a páxina web elaborada polo departamento de Tecnoloxía e os alumnos. Unha das particularidades deste portal é que posúe unha aplicación para visualizar en tres dimensións as esculturas máis representativas do creador.
A páxina ofrece tamén un percorrido por un museo virtual, e propón unha ruta polos espazos que marcaron a vida do autor de "A Naiciña" e "O Tesouro". A dirección é "iesfranciscoasorey.com" e entra en funcionamento en breve.
A exposición
Os corredores do centro acollen así mesmo unha exposición, na que hai desde paneis cun breve relato da obra do artista, ata fotografías das súas obras máis representativas, cun pequeno texto no que se explica a súa xénese e significación. A mostra está aberta ao público extraescolar, que pode acceder ao instituto entre as 8.45 e as 20.15 horas, de luns a venres, coa excepción da hora da comida, na que o centro permanece pechado.
Na mostra tamén están recompilados libros e documentos relacionados co homenaxeado, recortes de prensa nos que se fala del e ata algunha pequena obra orixinal súa, solicitada polos profesores. Nos paneis, nos que abunda o material fotográfico, clasifícase a obra do escultor con arranxo ás súas grandes liñas temáticas, como a relixión, a mitoloxía ou a etnografía.
A exposición pode visitarse ata o 21 de xuño. Esta é a segunda mostra que acolle o instituto de Cambados sobre o homenaxeado no que vai de 2011, xa que fai uns meses foi o punto de partida da realizada pola asociación de profesores Candea.
Ás veces non só os doces son exquisitos. Hai ocasións nas que un bo libro pode deixar tan bo sabor de boca como as lambetadas. É o caso da publicación que onte presentou en Cambados o autor e crítico de cine de La Voz, Miguel Anxo Fernández. Na Casa dúas Fraga deu a coñecer a súa última novela, Lume de Cobiza. Trátase da cuarta entrega da serie que protagoniza o detective Frank Soutelo e é a primeira que está ambientada en Galicia. A trama transcorre durante a onda de incendios do 2006. Fernández estivo acompañado do director de cine Ángel da Cruz e do profesor Saúl Otero. E doutros moitos amigos que ten en Cambados, pois foi profesor no colexio de Castrelo durante unha boa tempada.
O enólogo cambadés Jorge Hervella está de parabéns. Tres das adegas nas que el se encarga do asesoramento enológico foron as grandes triunfadoras da cata de viños que se celebrou o recentemente en Melgaço, en Portugal. Esta era a primeira edición deste concurso no que participaron albariños de España e do país veciño.
Caldos destes dous países competiron no primeiro certame organizado na rexión dos Vinhos Verdes do país luso. Das 46 medallas outorgadas polo xurado aos caldos que se presentaron, os viños de Rías Baixas levaron preto dunha vintena. Sete destes premios foron para tres das adegas coas que Hervella colabora. Trátase das Laxas, Coto Redondo e Eidosela, que se repartiron estes galardóns.
O domingo 19 de xuño hai convocadas mobilizacións centralizadas en torno ao Pacto do Euro, que a Comisión Europea pretende aprobar o 26 de Xuño.
Entra no enlace, escribe unha carta aos Europarlamentarios en contra do Pacto do Euro, e distribúe esta información:
A túa acción é crucial. Os Europarlamentarios recoñeceron publicamente que un dos feitos que máis peso tivo á hora de levarlles a apoiar o Imposto ás Transaccións Financeiras foi atoparse con 500.000 cartas nas súas caixas de correos de correo electrónico. Se reunen 2.000.000 de cartas escoitarannos.
Xa hai lugar e data para a celebración do Encontro Aberto. Será o próximo sábado día 18 ás 16:30 h., no auditorio da Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela.
Se pensas asistir e non te inscribiches, podes facelo no formulario da web do Encontro
Tamén aproveitan para dicirvos que na web do Envontro podedes ver completo o vídeo da rolda de prensa de Concha Trigo, Beiras e Martiño Noriega, na que presentaron o Encontro Aberto.
Ainda que non é imprescindíbel para asistir, agradecemos por razóns de organización que as persoas que queiran asistir se inscriban na web do Encontro . Se coñeces persoas interesadas pero que teñan dificultade para acceder a internet, podes apuntalos ti mesmo incluíndo os seus datos nunha mensaxe no formulario de inscrición.
A todas e todos os inscritos enviaranlle unha mensaxe indicando o lugar, día e hora do encontro.
Sen entrar en dar ou quitar razóns o que é certo que o BNG ten organos para facer as criticas correspondentes o que non se pode e andar a “darlle de comer” a prensa da dereita. Por certo a raiz do que di no video Beiras de que hai xente do BNG que anda a criticar a certas persoas , en Cambados vivese o proceso contrario xente de Encontro Irmandiño é a que está a ciriticar abertamente a xente do BNG, unha cousa e predicar e outra e dar trigo.
GRAN RETO POR UNHA BOA CAUSA EN VILAGARCIA.
Estamos preparando un gran reto deportivo en Vilagarcía para os días 16 e 17 de xullo.
Os fins deste reto son:
- Dar visibilidade ao autismo
- Recadar fondos para a asociación
- Pasar un día divertido con todos os que queiran achegarse e participar con nós neste evento deportivo.
Colaboradores: Contaremos coa colaboración de dous fondistas de recoñecido prestixio:
- Antonio Madriñán
- Demetrio Álvarez
Eles ofrécense altruistamente a correr no beneficio dos nosos nenos e nenas durante 24 horas. Son uns valentes que non podemos deixar sós neste desafío.
Contaremos tamén coa colaboración de varios clubes deportivos da provincia de Pontevedra.
Percorrido: O circuíto abrangue uns 5 kilómetros, todo o paseo marítimo de Vilagarcía, dende Carril hasta as inmediacións das instalacións da autoridade portuaria.
Cando: O Reto iniciarase o sábado 16 ás 12.00 do mediodía e rematará 24 horas despois.
Inscrición previa: Ingresando 4 euros no nº de "La Caixa": 2100-5036-41-0200073864
No apartado concepto hai que por "Gran Reto Por Dereito", o día 16 de xullo hai que presentar o xustificante de ingreso na mesa de Por Dereito para confirmar a inscrición.
Inscrición o mesmo día do Reto: Hai que abonar 5 euros e cubrir un papel de inscrición na mesa de Por Dereito
A inscrición da dereito a participar no reto xunto a estes grandes deportistas, a unha preciosa camiseta conmemorativa deste evento e a un boleto para unha rifa que faremos ao remate, o día 17 de xullo ás 12.00.
Entre os obxectos da rifa, seguimos intentando conseguir mais obxectos de deportistas e grupos musicais de renome, xa contamos con:
- Unha camiseta do Real Madrid de Dimaría, firmada por todo o club de fútbol.
- Unha camiseta do Real Madrid de Dimaría, firmada por todo o club de fútbol.
- Unha camiseta da Selección Española de Fútbol
- Unha camiseta de "Dawolehenchilada", grupo musical mallorquino.
- Unha sudadera do campión do mundo de press banca, Julio Garcia.
Tamén poderedes comprar as rifas sen inscribirvos na carreira, podedes adquirilas o mesmo día na carpa de saída ou en días anteriores poñéndose en contacto con calquera dos socios de Por Dereito, no comercio de Nicolette (praza Clemencio Fernández Pulido en Cambados) e en algún establecemento mais dos que vos iremos informando.
Para poder facer este gran reto contamos tamén coa axuda de varias entidades:
- Concello de Vilagarcía
- Autoridade Portuaria
- Supermercados Froiz
- Coca-cola
Dende este blogue manterémosvos informados de todas as novidades en torno ao "GRAN RETO".
![]() |
Rober Bodegas |
Como anunciarron tanto na sua web, nas redes sociais como no propio local, tiñan prevista a actuación do humorista Róber Bodegas. Pero esta actuación non se levou a cabo. Xa devolveron o diñeiro a tod@s os que xa adquiriran a entrada e pedrion desculpas. Foronvítimas dunha fraude.
A alarma saltou a través do Twitter do propio Boegas, onde explicaba que sabía que se estaba anunciando a súa actuación no seu local, do que el non sabía nada. Segundo explicou o humorista «Estamos intentando saber quen vendeu a miña actuación ao local». En Discoteca A Pera, non sabian nada do que estaba pasando, xa que ata tiñamos un contrato garantíndolles a actuación.
Tras falar co humorista persoalmente, concluíron que foron vítimas dunha fraude. Por iso xa devolveron todo o diñeiro das entradas vendidas e pediron unha vez máis desculpas aos seus clientes. Tanto o actor como Discoteca A Pera, procederon a tomar as medidas oportunas contra a empresa que se comprometeu a traer a Bódegas a Cambados.
![]() |
Costa. Gomez Noya, Tito e David |
MAIS FOTOS DA III CARREIRA POPULAR DE CAMBADOS
Como xa prometemos acabamos de pendurar mais fotos da III Carreira Popular de Cambados, case todas elas de xente de Cambados que participou na carreira, polo aqueles cambadeses que participaron e non tiveron a ninguen que lle quitara unha foto pode dar unha volta pola nosa páxina na columna da dereita .
Ningún comentario:
Publicar un comentario