17 de xuño de 2011

17 de xuño de 2011

Chon
DESAPARECE OFICIALMENTE UNHA GRANDECHEA
Nunca quixeramos haber dado esta nova, pero todo o que nace morre. Canda nacemos como comparsa aló polo 21 de febreiro de 1985 ninguen pensou que iamos chegar a donde chegamos. Por Unha Grande Chea pasaou moitisima xente, centos de persoas, uns pasarono ben, outros mellor e outros pior, pero os que eramos un pouco a "alma mater" desta Asociación o unico obxectivo de todos estes anos era que os cambadeses o pasaran ben. Unha Grande Chea chega o seu fin disolveseve como Asociación pero nesta páxina van quedar algúns recordos dela , nesta páxina e no corazón de moitos cambadeses, deixamos tamén para a historia un libro  e algún que outro CD coas nosas cancións, un fito nunca feito antes por ningunha comparsa cambadesa. Grazas a todos os cambadeses por todo e grazas a os que dun ou doutro xeito perteneceron esta Asociación.

NACE UNHA NOVA PÁXINA "A TI MEU CAMBADOS"
Os que nos seguiades nesta páxina, podedlo seguir facendo, xa que as entradas polo de agora van ser as mismas nada máis que por operatividade, a cal vai estar aberta a toda o mundo que queira participar nela, sempre e cando se identifique vanse seguir poñendo novas, actividades, albuns de fotos, eso si o unico responsabel dela vai ser o que vos escribe, polo tanto xa aviso de antemán que a linea vai ser critica, satirica, evidentemente cun sesgo nacionalista e de esquerdas, sei de seguro que vou perder seguidores, pero non me importa, vou facer o que realmente me gusta.  O facebook de Unha Grande Chea vai seguir pero dende o mesmo non se vai poñer ningunha opinión dende o servidor, vos poderedes seguir comentando o que queirades. e vai servir para expandir as novas de "A TI MEU CAMBADOS". Sen máis vemonos pola rua.
XAQUIN CHARLIN "CHON"

Ningún comentario: