17 de xuño de 2011

CAMBADOS 17 DE XUÑO DE 2011

ACTO POLÍTICO CONMEMORATIVO 75 ANOS DO ESTATUTO DO 36
O Bloque Nacionalista Galego quere convidarte a participar no acto político conmemorativo dos 75 anos do plebiscito do Estatuto de Autonomía do 36, que terá lugar o vindeiro sábado día 25 de xuño, ás 11:30h, diante do monumento a Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela.
Pregan confirmar asistencia para previsións organizativas no 981 555 850 ou sedenacional@bng-galiza.org

XURDIR ASOCIACIÓN XUVENIL ORGANIZA O SAN XOAN EN CASTRELO.
Os cambadeses de Xurdir Asociación Xuvenil teñlpen previsto organizar fronte á illa da Toxa e o Gran Casino,gran festa de SAN Xoan.con escenario movil de 12.000 watios de son e 8.mil de iluminacion,proximo xoves 23 de xuño a partir das 00:00 musica hause dance e merengue com DJ INVITADOS,hasta altas horas da mañá.Teran churrasco e bebida que seran servidos en barra.

FESTIGAL 2011 EN SANTIAGO
Xa está aquí unha nova edición do Festigal! Non perdas os vindeiros 24 E 25 DE XULLO 48 horas de tendencias, música e diversidade.
En breve terás máis información. Vai reservando as datas para gozar do FESTIGAL 2011 !!
Se queres participar colaborando nas tarefas de organización do Festigal 2011 envíanos unha mensaxe privada a través do Facebook de Galiza Nova. Agardámoste!!



“FEDRA” NOVAMENTE NO AUDITORIO DE CAMBADOS
A compañía formada polos alumnos da Ásociación de "Teatro no Garaxe” porán o domingo en escena no auditorio da Xuventude O amor de Fedra, baseada nun texto de Sarah Kane baixo a versión e a dirección de Noelia Toledano, gran directora a a quen lle gusta estar sempre nun segundo plano.
«A obra reproduce o esquema da traxedia grega pero traída aos nosos días», explica a directora. Con música de Portishead, unha estética que homenaxea a A laranxa mecánica de Kubrick e proxeccións audiovisuais creadas por de Darío Padín. A función dará comezo ás 20 horas e a entrada é gratuíta.


LUIS ARAGUNDE, ALCALDE DE CAMBADOS,  COBRARA 3298 EUROS O MES SEN CONTAR OUTROS INGRESOS.
O Pleno aprobou onte a organización do goberno local así como as retribucións económicas dos concelleiros que non distan das da anterior lexislatura. De feito, o alcalde percibirá o mesmo soldo, 2.500 euros mensuais, e será xunto a Antonio Igrexas Pombo os únicos edís liberados, cun custo para as arcas municipais de 71.000 euros brutos ao ano , eso sen contar outros ingresos típicos e atípicos dos dous rexidores que fan incrementar moito máis estas cantidades. A oposición non puxo obxección a estas cuestións, concretamnete as do soldo, aínda que si expuxeron peticións como un acceso máis rápido e participación respecto das decisións tomadas en Xunta de goberno e as resolucións de Alcaldía.
Caamaño foi máis aló e solicitou que se aborde o maior número posible de temas en pleno, e non pola Xunta de Goberno, para que a oposición sexa partícipe da aprobación de cuestións de relevancia o alcalde rexeitou esta opción sen motivación ningunha pois non lle interesa dar publicidade a certos asuntos agás , “axústase á lei”, argumentou o rexedor quen outras veces non se axusta tanto a lei. Así mesmo, o portavoz do Bloque expuxo que o PP reduza os seus representantes nas comisións informativas a tres concelleiros (correspóndenlle 5) porque “terían igualmente a maioría e suporía un aforro significativo”, tendo en conta que son 60 euros por persoa e asistencia que é semanal, o alcalde perante desta petición fixo mutis folo forro e non levau a cabo eso que tanto predican cara afora dende o seu partido a reducción de gastos.
En canto ao resto de retribucións aos concelleiros por asistencias, as cifras aprobáronse co voto a favor de todos os grupos, quedando como na pasada lexislatura. Cada edil percibirá 100 euros por pleno e 80 pola Xunta de Goberno local, formada só polos membros do executivo, no BNG estes cartos entregánse directamnete para sugragar os gastos da súa formación política.. Así mesmo estableceuse que as sesións da Corporación sexan a partir de agora ás 21 horas.

O RIF ROCK DE CAMBADOS CUMPRE O SEU 12º ANIVERSARIO
O xenino pub Rif-Rock de Cambados está a celebrar o seu 12º aniversación da súa inauguración, e ven ser en Cambados todo un referente músical a hora de darlle cabida a novos valores a non tan novos,está en plena celebración e así o pasado 10 Xuño tiveron : "Afrobeat & Voodoo Rhythm", hoxe 17 Xuño: "A Vinganza de Charles Bronson" o vindeiro sábadoSáb 25 Xuño: KURCO SoundSystem en "SpockSystem!" do 1-16 Xullo: XIIº aniversario do Rif-Rock con varias actividades e o 7 Agosto, com xa ven sendo tradicional no domingo do Albariño a 3ª Festa do Bigote

RAMÓN CARIDE PRESENTA O SEU LIBRO EN VALLADOLID
O escritor e profesor cambadés Ramón Caride presenta hoxe na librería Oletvm de Valladolid a súa novela O frío azul nun acto no que estará acompañado polo tamén escritor Xesús Manuel Marcos. O frío azul ambiéntase no ano 1517 cando, "desafiando a unha gran nevada", un viaxeiro chegou ao mosteiro de Oseira cargado cun misterioso vulto na súa montura e cunha gran tristeza no seu corazón, "buscando unha explicación á súa desgraza". Recoñecido escritor en lingua galega, Ramón Caride, autor da exitosa serie As aventuras de Sheila e Said (Xerais) obtivo coa versión orixinal desta novela, Ou frío azul, publicada por Sotelo Branco, o Premio Lueiro Rei de Novela Curta.

Ningún comentario: