29 de xuño de 2011

A CAMBADESA MÓNICA GUILLAN AMOSA OS SEUS MODELOS NO DESFILE 'FASHIONLUNCH'

Monica Guilla, a dereita, posando cun unha das
súas  modelos que veste un dos seus traxes.
Unha ducia de novos deseñadores procedentes de diferentes escolas galegas mostrarán as súas propostas este sábado en Vigo, no desfile 'Fashionlunch. Don't feed the models', dentro da programación do festival Vigo Transforma.
Así, desde as 14.30 ás 15.30 horas, poderán verse no exterior da Andrómena do Porto as tendencias máis trangresoras de Alberto Neves, Pedro Fernández, Andrea Rivas, Rosario Rodríguez, Celia Álvarez, María Cerdeira, José Martínez, Gabriel Nogueiras, Mónica Guillán, Ana Simón, Luisa Fernanda Rodríguez e Laura García.
O desfile, coordinado por Isabel Varela e Jandro Vila, estará amenizado pola música de DJA.Olsen e forma parte da actividade artística e cultural coñecida como 'Vasos Comunicantes', dentro do festival Vigo Transforma.
Así mesmo, o sábado celebraranse varios concertos na Andrómena do Porto, con presenza de grupos galegos no Escenario Radio 3-Mondosonoro, e outros artistas. A partir das 19.30 horas abriranse o recinto de concertos do peirao de transatlánticos, para a actuación de Russian Rede, The Gift e Ola a todo o mundo, entre outros.

Ningún comentario: