Os membros do Conselo Escolar e do claustro de profesores, co apoio da ANPA, explicaron que nunha primeira resolución, o xefe territorial de Educación non autorizou o uso do colexio. Non obstante, unha semana despois, ditou un novo escrito, permitíndoo.
A comunidade educativa da escola infantil da Pastora manifestou o seu malestar porque a Consellería de Educación autorizou a celebración das actividades de verán do Concello nas súas instalacións, en contra da súa decisión e do informe desfavorable de Inspección. Pais e profesores néganse a repetir experiencia pois, aseguran, o seu desenvolvemento "alteraba ou normal desenvolvemento" do colexio e a administración local "non respectó" o seu compromiso de responsabilizarse dos danos que, asegura, rexistráronse en edicións anteriores.
De feito, o claustro de profesores propuxo ao Concello de Cambados que as ludotecas e tallerese desenvolveran no CEP Antonio Magariños (xa se empregou en anos anteriores), o San Tomé e o seu pavillón ou no centro da Mercede, ou mesmo na súa escola, pero usando o ximnasio, o patio cuberto ou o espazo para o recreo O Alcalde Luis Aragunde di “que non é unha persecución política”, e que a Pastora ten comedor. Non pense tanto D. Luis que vai quedar sen neuronas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario