28 de xuño de 2011

CASE QUE TODO PREPARADO PARA VIAXAR A MUNICH DE XUGA, INCLUSO O BIGOTE.

Os rapaces da “Munich de Xuga”, selección de fútbol oficiosa de Cambados, teñen xa case que todo preparado para iniciar a viaxe a Munich o vindeiro 9 de xullo, na runión do venres tomaronse entre outros os seguintes acordos: Coller bus directo ó hotel, Non adestrar os venres xa que non vai xente, Agasallo para os alemáns,  Os que queiran  polos de Xuga Bonito que falen con Blas canto antes, Explicación de gastos e patrocinios, Mostachos en Munich. Posibilidades de visitas: Parque Olímpico, Allianz Arena, BMW, Dachau,...A elección de cada un, Transporte en Munich: quitaranse tarxetas de transporte de grupo para os catro días. Xa poden quitar a tarxeta de embarque. O mais curioso de todo é o de deixar bigote para viaxar a Alemania, queren así os nosos rapces emular a aqueles míticos xogadores alemans , con aqueles mostachos, tipo Breitner, Stlike ou outros.

Ningún comentario: