Liamos estes días na prensa que o Centro de Información a Muller recuperara a súa actividade, no edificio de servizos municipais da rua ourense, donde se ofrece asesoramento os luns, mércores e xoves de 8 a 13 horas no terceiro piso do edificio público, esto por parte da letrada, mentras que a psicologa atenderá os martes e venres tamén de oito a unha no primeiro piso. E esto nos parece fenomenal, tampouco dubidamos da valia da avogada Mariña Varela, a cal coñecemos personalmente i é unha boa profesional, como tampouco dubidamos da valía da psicologa Julita María Touriño, ainda que non a coñezamos personalmente. O que si criticamos é que estos dous postos debian de ser ofertados a todos os cambadeses coa titulación correspondente e que estiveron sen traballo, e en caso de haber varios facer unhas pequenas porbas para escollelos que isto non custa nada, hai que ir dandolle oportunidades a todo o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario