O Clube Natación Salnés conseguiu uns fenomenais resultados o pasado fin de semana no Campionato Galego de Natación Infantil celebrado na piscina olímpica de Rosario Donas en Ourense.
A nadadora Miriam Trigo, logrou subir ao pódium en dúas ocasións conseguindo a Prata en 200 Estilos e o Bronce en 200 libres, nos 200 Costas quedou ás portas do pódium ao conseguir un 4º posto. Tamara Parracho nadou os 100 e os 200 Costas ademais dos 100 Bolboreta conseguindo o seu mellor posto como 6º clasificada.
Cos resultados obtidos Miriam conseguiu facer a mínima para poder competir no Campionato Galego Absoluto que se celebrará este próximo fin de semana (días 1, 2 e 3 Xullo), na piscina olímpica de Pontevedra, onde tamén participará o seu irmán, Carlos Trigo, nadando 100 braza o venres, 100 Bolboreta na xornada do sábado, e finalmente 50 Bolboreta na xornada que pecha o campionato do domingo. Outro dos nadadores, Luís Domínguez, compite en 100 Bolboreta e 50 Bolboreta.
O seu adestrador César confíanos que esperan conseguir algún pódium nestes campionatos, nós transmitímoslles todo o noso ánimo.
Nova recollida de http://www.cambadosweb.net/
Ningún comentario:
Publicar un comentario