30 de xuño de 2011

EXPOSICIÓN DE MONCHO PAZOS NO REYMAR SOBRE ASOREY

Mañán inagurase na Cafeteria Reymar de Cambados, sita na rúa Valle-Inclán na zona de Fefiñans, preto dos xulgados, a exposición do artista cambadés Moncho Pazos. A exposición titulase “Inspiración Asorey” e todos as cadros son relativos o artista, a súa vida ou a súa obra. A exposición estará dende o día da súa inauración ata o 15 de Agosto. Moncho Pazos traballa como axudante no taller de escultor cambadés Manolo Paz, pero a grande afección de Moncho é a pintura, vese en Moncho unha gran progresión nos seus traballos dende os seus comenzos como pintor. Moncho Pazos ten o seu taller na Rua Sevilla de Cambados, e animamos dende aquí a que acudades a tomar unha consumición a Cafeteria Reymar, unha cafeteria que apoia os artistas cambadeses a tope, e de paso visionar os traballos de Moncho Pazos.

Ningún comentario: