30 de xuño de 2011

OS BOMBEIROS ESTÁN REALMENTE INDIGNADOS E TEÑEN RAZÓNS PARA ELO

A totalidade da plantilla dos parques de bombeiros de Ribadumta, Vilagarcla e O Porrino convocamos aos medios para explicar a situación na que nos atopamos despois do encerró que mantemos dende o día 20 de Xuño de 2011.
Este encerró decidese facer como medida de protesta, nunca como medida de presión, ante a ausencia total de diálogo e explicacións por parte da empresa no caso da inxusta rescisión de contrato de lago Carregal e Julio Gonzalo, supostamente apuntalada por uns informes técnicos que a día de hoxe, e que despois de 19 días seguen sen aparecer.
Os nosos compañeiros tiveron que percorrer un duro camino ata o punto no que actualmente nos atopamos;a folga de fame.
Este camino comezou ala polo Agosto de 2010 coa consecución pola súa banda dos seguintes puntos.
- realización de probas físicas
• realización do exame teórico
• realización do exame de toponimia• realización dunha proba de conducción de camión supervisada por uhna especialista na materia allea a empresa.
• realización de probas de vértigo e claustrofobia
• realización da profra psicotecnica
• realización da entrevista persoal onde estaba presente o xerente da empresa e un ha psicóloga.
O resultado deste proceso, rematado a mediados de outubro, para ambolos dous foi de APTO nunhas probas as que se presentaron arredar de 100 persoas.
A continuación realizaron un curso puntúable organizado pola propia empresa Celtaprix de 144 horas, e supervisado polo Coordinador dos 4 parques comarcáis de Pontevedra, nos meses de novembro e decembro de 2010 co resultado final de APTOS.
O 9 de Abril de 2011 incorpórense Julio a plantilla do parque de O Porrino e o 14 de Abril lago.
Nos dous meses que desenvolveren o seo traballo como bombeiros en dito parque realizáronse diversas prácticas e traballaron en varias intervencións sen que os mandos intermedios e o xefe de parque fixeran ningunha obxección no desempeño da súa labor
Neste tempo, o xerente da empresa Cettapríx. Francisco Alonso, apareceu polo parque dúas veces para reunirse co representante dos traballadores e falar da negociación do convenio colectivo. En ningún momento tivo contacto algún cos dous bombeiros.
O día 7 de Xuño a un día de rematar o periodo de proba Julio foi informado de que a empresa decidía que non superaba dito periodo.
O venres 10 de Xullo, despois de saír de garda e a 4 días de rematar o seu periodo de proba, se lle comunica a lago o seu cese na empresa.
O luns 13, un traballador que nunca superou o proceso selectivo organizado pola empresa CELTAPRIX, presentase as 9 da maña no parque de O Porriño para sustituir a un dos compañeiros. Afortunadamente a empresa tivo que dar un paso atrás as dúas horas retirando do servicio ó novo traballador
Dende o día 8 os traballadores e o seu representante sindical fixeron todo o posible por ter unha reunión coa empresa para recibir as explicacións correspondentes a estas accións. O non ter resposta falouse co Xerente do Saines, Miguel Pérez e co Presidente do Consorcio comarcal de Baixo Miño. Condado e Lourifla (parque de O Porrino), Manuel Carrera, que intentaron infructuosamente mediar e conseguir unha reunión e chegados a este punto lago e Julio péchanse o sábado 18/06/2011 no parque de O Porrino como medida de protesta ente a postura inmobilista da empresa sendo expulsados as poucas horas do mesmo por orde da mesma.
O luns 20/06/2011 péchanse os parques do Salnes, Vilagarcía e O Porrino en apoio os seus compañeiros, a espera dunha reunión coa empresa.
Dende enton, vanos movernentos por parte do Presidente do Consorcio de Baixo Miño, Condado e Louríña, apuntaban a unha reunión o mercores» 22 que nunca se produxo, o que decepcionounos profundamente.
O vernes 24 os compañeiros do Parque da Morrazo solidarizarse con nos e aínda que non se pechan mostran na súa fachada pancartas en contra do cese dos dous compañeiros.
Ante o esquezo da Administración, que elude a súa responsabilidade no control á empresa que xestiona o Servicio de Salvamento e Extinción de Incendios, e ante a total indisposición á unha reunión por parte de Celtaprix, Julio e lago deciden poñerse en folga de fama o venres 24 de xullo
Parece que despois de todas as probas que tiveron que superar, non foi suficiente para amasar a súa validez como bombeiros.
O responsable do seu cese nunca estivo con eles no tempo de proba.
Non hai nada que se poida dicir na sua contra.
Os supostos informes da empresa non aparecen.
A inxustiza cometida nun servicio público que non depende da variabilidade do mercado é inexplicable.
Por todo elo. pedimos a empresa e administración» competentes.
• Que escopiten as nosas peticiona e readmitan a dous bombelros cualificados
• Que nos aseguren unha estábiliIdade laboral onde non haxa cabida a despidos aleatorios e inxustificados.
• Que non permitan a incorporación de bombeiros sen pasar o proceso selectivo pertinente.
NOTA DE PRENSA DOS BOMBEIROS DO SALNES.

Ningún comentario: