Os Concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia están a facer todo o posible da man da Deputación por potenciar a Feira medieval de Pontearnelas, lugar onde concorren os tres Concellos, pese a elo a festa, que naceu baixo o noso criterio co obxectivo de facerlle sombra a Feira Franca de Pontevedra, non da arrincado, e a xente non se da inmiscuido na mesma. Esta ano reducese un día e eliminase a cea medieval do sábado a noite. Pese as críticas que tivemos seguimos de dicir o mesmo, parecenos que o lugar mais adecuado para a celebración de mesma é a Praza de Fefiñans. A feira celebrarase como xa dixemos só durante a xornada do domingo. Os actos comezarán ao redor do mediodía, con exhibicións gremiais, monólogos, pasacalles e talleres de tiro con arco e cetrería. En lugar da cea oficial, a organización anima aos veciños a que vaian pasar o día ao recinto e aproveiten as beiras do Umia para organizar as súas propias comidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario