O Bloque Nacionalista Galego respalda a Marcha Galega polo Emprego convocada pola CIG. Esta é unha mobilización que comeza hoxe desde Ferrol, Lugo e Ourense, e que se desenvolverá nos próximos días desde Cee, Pontevedra, Vigo e A Coruña. As distintas marchas confluirán o vindeiro domingo 3 de xullo en Santiago de Compostela para facer un percorrido desde a Alameda (12 h.) até concluír na Praza da Quintana.
Hai razóns máis que sobradas para secundar masivamente esta mobilización dado que as políticas instrumentadas tanto polo Goberno Galego do PP como o Goberno do Estado dPSOE se teñen revelado de todo punto inútiles para combater o paro.
En Galiza a evolución do mercado de traballo desde que goberna o PP é francamente negativa. O País atópase perto da fronteira d@s 250.000 desempregad@s e todo máis que acerta dicir ao respeito o presidente do goberno galego é que carece de competencias para resolver este problema. O que non se entende é que se non as ten, cousa que non é certa, tampouco as demande.
A continuación informámosvos do punto de partida dos autobuses que a CIG pon a disposición das persoas que queiran secundar esta marcha, para o que haberá que chamar aos números de teléfono indicados tamén a continuación.
• A CORUÑA. Pr. Da Palloza saída ás 10,30 h. Tlfno.981169293
• FERROL. Diante do local do sindicato r/ Eduardo Pondal, 41-43, saída 9,30 h. Tlfno 981358750
• LUGO Diante do local do sindicato, r/ Ronda da Muralla, 58, saída 9 h. Tlfno.982225812
• OURENSE Parque San Lázaro, saída ás 9,30 h. Tlfno. 988323134
• OURENSE Parque San Lázaro, saída ás 9,30 h. Tlfno. 988323134
• PONTEVEDRA Pavillón de deportes, saída 10,30 h. Tlfno. 986852950
• VIGO Diante do local do sindicato, saída 10 h. Tlfno. 986827900
Ningún comentario:
Publicar un comentario