27 de xuño de 2011

FESTAS EN CASTRELO-CAMBADOS.

Comezarán o vindeiro 8 de xullo coa “Festa Bacardi – II Concentración da Xuventude”,  pola noite verbena amenizada pola orquestra Estrelamar, Salnés Móvil-discoteca Móvil e o humorista Roy Borrallas. Haberá múltiples agasallos xentileza da casa Bacardi. A Comisión con cada consumición agasallará cun boleto para o sorteo dun reloxo de señora e de cabaleiro.
Dia 9 de xullo.- 8ª Festa da Queimada, declarada de interés turístico local pola Concellería de Cultura do Concello de Cambados, pola noite gran verbena amenizada pola orquestra Manila e o grupo Folk galego “A Roda”. A medianoite servirase a tradicional queimada gratuitamente co tradicional conxuro galego.
Dia 10 de xullo.- San Cristobal, As 9.30 misa rezada e as 11, misa no campo da festa cantada pola Coral Polifonica Santa Cruz de Castrelo. O remate da misa bendición de vehiculos coa saida en procesión polos lugares de costume acompañada do Grupo Conde Xido de Castrelo. Ao regreso no campo de festa unha grande Sardiñada con pan de millo, viño tinto e chourizos e mexilóns totalmente gratis, de seguido xantar familiar para aquelas persoas interesadas con mesas e cadeiras sen necesidade de facer reserva, estará amenizada polo Duo Chocolate e Salnés Móvil, durante o xantar farase entrega dos premios dos coches millor galardonados, 1º premio, San Cristobal en ouro, segundo premio, un San Cristobal en prata e terceiro premio, un San Cristobal en bronce. Haberá trofeos para todos os demais participantes. Todos os participantes serán agasallados con albariño dunha famosa adega. As 19 horas festa infantil con AC D´BUENA e pola noite gran verbena amenenizada polas orquestras Fin de Siglo e Iris. A medianoite sortearase unha lavadora e un televisor.

Ningún comentario: