27 de xuño de 2011

TREIXADURA EN CONCERTO, EN CARRIL, O SÁBADO 2 DE XULLO.

Treixadura (Foto Eduardo Apariz)
O vindeiro sábado dous de xullo as 23 horas, o grupo Treixadura actuará en Carril co gallo do Encontro de Embarcacións Tradicionais       presentando o seu novo disco “Esa si que é muiñada”. Este é o primeiro concerto do grupo despois da súa presentación oficial en Cambados  a principios deste mes no Pazo a Capitana. TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e  instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce  bailando, cantando e escoitando música de seu. 15 músicos que proveñen de propostas musicais variadas e teñen en  común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para  que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de dúas décadas de música galega. Co seu derradeiro disco “Esa si que é muiñada” poñen fin a brillante e excepcional ciclo.

Ningún comentario: