O vindeiro día 1 de xullo ás 21 horas na Praza de Arriba de O Grove, procederase a inauguración da Escultura de Floreano. Como todos sabedes Floreano é esa marabillosa personaxe que todos os días nos fai rir na súa viñeta de “Faro de Vigo”, baixo a brillante e espectacular pluma dun dos mellores caricaturistas do mundo o grovense de ascendencia cambadesa Gogue. Como reza o cartel da inauguración “Se Cleopatra pasou a historia por bañarse en leite, Floreano vai pasar a historia por bañarse en bronse”. O acto será presentado por Adela Bértolo e Manuel Turnes e estará amenizado por “a Carioca” (danza contemporánea), Vagalume (malabares e lume) e Títereluis (espectáculo de títeres). Colaboran no acto Nova Caixa Galicia, Emgroves, Concello de O Grove e Deputación Provincial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario