26 de xuño de 2011

RAUL CACABELOS BOTE FAI OS SEUS "PINITOS" COMO DIRECTOR DUNHA CURTA

Os protagonistas do film e o director  sobreimpresionad.


Temos novo cineasta en Cambados, trátase nada mais e nada menos de Raúl Cacabelos Bote “Rulo” para os amigos. Acaba de colgar na súa conta de you tube unha curta que titula “NO VOLVERÉ” baseada na curta do mesmo titulo  de Chourizo Films, desta vez Raúl escolle para a triste escena final as inmediacións da Torre de San Sadurniño, unha espectacular escena cunha non menos preciosa posta de sol e de fondo a torre. Actúan como protagonistas o seu irmán Roberto Cacabelos Bote e a compañeira sentimental deste Sofia Vieira González. Paga a pena velo,  podes ver a curta premendo AQUÍ.

Ningún comentario: