| Foto: Eduardo Apariz |
O DOG PUBLICA A DECLARACIÓN DE BEN DE INTERESE CULTURAL DO PAZO DE FERFIÑÁNS, EN CAMBADOS (PONTEVEDRA)
O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución da Consellería de Cultura pola que se incoa o expediente de declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), con categoría de monumento, do Pazo de Ferfiñáns, situado na localidade pontevedresa de Cambados.
O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución da Consellería de Cultura pola que se incoa o expediente de declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), con categoría de monumento, do Pazo de Ferfiñáns, situado na localidade pontevedresa de Cambados.
Segundo explicou a Xunta, esta resolución determina a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección previsto para os bens xa declarados e, en concreto, a supresión das correspondentes licenzas municipais de parcelación, edificación ou demolición nesta zona.
O Pazo de Fefiñáns atópase en Cambados, sobre o lugar que ocupaba unha construción anterior. A estrutura deste pazo "semiurbano" corresponde aos primeiros anos do século XVII.
A planta, en forma de L, consta de baixo e piso, a primeira estanza dedicada á adega e explotación comercial de viño Albariño e a segunda á vivenda dos propietarios actuais do inmoble.
A pesar de ser unha obra do século XVII, na composición da fachada principal do pazo parece evidente o influxo do Renacemento italiano, como demostran os frontóns triangulares onde están situados os bustos das personalidades destacadas da familia Vide e Valladares.
O Pazo conserva ademais parte das terras que lle pertencían, delimitadas por un pechado de pedra e os prados anexos divídense en dúas zonas comunicadas por un arco. Na primeira destas zonas estaba situada a horta do Pazo, mentres que na segunda se situaba o xardín e o bosque.
Clama o ceo xa a peonalización de praza de Fefiñans e que o noso alcalde deixe de escudarse nos empresarios da zona por que é unha das máis burdas dúas súas trampas, esta declararación obriga o noso alcalde a peonalizar inmediatamente a Praza de Fefiñans, xa non llo pide o BNG, pidello a Xunta de Galicia.
1 comentario:
Deberian de tomar exemplo de Pontevedra, a xente moito se queixaba e mira agora, veciños e turistas encantados, e Cambados, unha vergonza.....
Publicar un comentario