3 de xul. de 2011

A DESEÑADORA CAMBADESA MÓNICA GUILLAN TRIUNFA EN VIGO.

Atrevido traxa de noiva da deseñadora cambadesa.
Doce novas promesas da moda tiveron a oportunidade de dar a coñecer as súas creacións ante unhas duascentas persoas que apoiaron con tímidos aplausos ás modelos que lucían os diferentes modelos e aos deseñadores, que ao termo do espectáculo saíron xuntos a saudar durante o certamen “Vigo 'Fashionlunch”.
Chamou a atención dos asistentes os voluminosos vestidos de Mónica Guillán “que presentou tamén un ousado traxe de noiva”.
Mónica Guillán González naceu en Cambados (Pontevedra) o 8 de novembro de 1986. En 2005, tras o bacharelato, matricúlase na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, onde cursa o Ciclo superior de Estilismo de Indumentaria.. En 2006 e durante un mes, realiza as prácticas dos seus estudos de Estilismo da Indumentaria no Centro dramático Galego (IGAEM) .En 2006 comeza os Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (EASD). En 2011 é Licenciada nos Estudos Superiores de Deseño de Moda .En 2009, Debuta na Pasarela de Moda independente: Singular Stop . En setembro 2010 queda finalista no Certame de moda Nacional de Cantabria, no cal resulta premiada co primeiro premio . En outubro de 2010: presenta o seu proxecto fin de carreira na pasarela :Despunte 10 .En decembro de 2010 desfila novamente na Pasarela de Moda de Galicia : Singular Stop coa Colección Petite Coquille.

Ningún comentario: