3 de xul. de 2011

FLOREANO XA VIVE NO GROVE

Floreano con Gogue
O pasado venres tiven a sorte de ser testemuñla de historia, invitado polo meu amigo Gogue fun a inauguración da estatua do Floreano a escultura foi colocada fronte á casa natal de Gogue por iniciativa de Emgrobes, que contou cunha axuda da Deputación. A intención dos empresarios era dobre: dun lado homenaxear a un dos seus veciños máis ilustres; e doutra banda, crear un novo foco de atracción turística na localidade.
A escultura é de bronce, pesa uns 200 quilos, e Míguez traballou nela durante catro meses. Unha vez descuberta a peza, o acto continuou coa actuación dun grupo de danza contemporánea, A Carioca, de grupo de malabaristas con lume Vagalume e co espectáculo de monicreques de Titereluis.
Foi así unha velada festiva na Praza de Arriba na que Floreano observábao todo coa súa particular retranca, e tivo a ocasión de ver como o seu pai artistico (Gogue) lle caian as magoas nun emocionante e agredecido discurso.
Podes ver un video da inauguración premendo AQUÍ e fotos da mesma premendo AQUÍ.

Ningún comentario: