Pois o que xa fai uns anos alá polo 2003 comezou como un soño duns inexpertos rapaces…a pesar de millóns de trabadas e cambadelas pouco a pouco vai saíndo adiante. Agora o máis difícil xa está feito e o que se trata e de consolidar esta festa tan fermosa no calendario festivo galego polo que temos que bogar todos no mesmo sentido. Porque está festa a pesar de todo ten un “certo” compoñente histórico xa que Vilaxoán non sería o mesmo sen a chegada no século XVIII dos cataláns e das súas importantes industrias de salgadura de sardiña. Os propietarios destas fabricas celebraban cos seus traballadores a exaltación de sardiñas asadas ao estilo revenidas, este evento facíase polos anos trinta coincidindo coa festa do Carme, deixando de celebrarse ao estalar a Guerra Civil. Esta ano 2001 o programa ven moi completo e así temos o día 15 de xullo venres as actuacións no escenario Revenidas de Güintervan, Labregos do Tempo do Sputnik, The Booze Brothers, Trashtucada e Picadiscos DZ Selectors. Xa o día 16 de xullo sábado Alborada a cargo dos Chirifeiros e dos Terribles de Arousa, a partir das 14 horas, Chupinaso, Sardiñada popular Revenidas e Maxia de Preto, a partires das 16 horas actuación de Trópico de Grelos , Galiza´s Pulgas Circus e Circo Claxón e a noite a partires das 23 horas e no Esceneario Revenidas a actuación de O Leo e Arremecaghonacona, Uxia, La Troba Kunf Fu, Medomedá, Banda Krevinsky e Fondy Omar Picadiscos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario