A magna exposición dedicada a Asorey é a gran aposta cultural
O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, anunciou hoxe recurtes orzamentarios que afectarán á 59 edición da Festa do Albariño que, non entanto, vai contar cunha programación musical de verán moi digna segundo se mire, co grupo Dover como principal reclamo pop, xunto con David de María e Muchachito Bombo Infierno, como atraccións nos concertos da histórica praza de Fefiñáns, pero tamén con espectáculos como a Gala do Albariño ou a Festa House, e outras moitas actuacións, na pioneira festa vitivinícola que foi presentada esta mediodía no Concello.
Luis Aragunde presentou o programa da festa na compaña de Pedro Piñeiro, canciller do CapítuloSerenísimo, e ambos loaron o cartel desta edición que supón unha homenaxe a Álvaro Cunqueiro, un dos valedores históricos do cónclave albariñense, con motivo do seu Centenario. O presuposto da Festa vitivinícola máis salientable de España ronda os 250.000 euros, e só no xantar albariñense agárdase aforrar un 50 por cento respecto do pasado ano. O evento contará con axudas da Xunta e da Deputación.
O alcalde anticipou que o Pazo de Torrado vai acoller dende o 23 de xullo un dos acontecementos da cultura galega deste verán: a magna exposición polo 50 Aniversario do pasamento de Francisco Asorey, que se inaugura o 28 de xullo, e que posteriormente trasladaráse a Compostela emais a Madrid se prosperan as xestión para amosala na Casa de Galicia. A segunda mostra salientable do verán, en agosto, será dedicada a lembrar a vinculación de Cunqueiro coa festa albariñense.
Outro acontecemento relacionado coa festa será o irmanamento do Capitulo Serenísimo coa Confraría Gastronómica do Algarve (Portugal), a modo de unión entre o mellor viño branco e unha das peñas emblemáticas da gastronomía lusa. Ademais da proxección internacional do evento, a festa cambadesa contribuiu a crear un sector económico dos sobranceiros de Galicia, do que viven máis de 5.000 familias, só no Salnés, e que factura máis de 130 millóns de euros anuais.
A organización agarda contar para os tres concertos estelares cunhas 8.000 persoas de fora do Salnés, que poden deixar grandes beneficios na hostelería e restauración locais. A inauguración da Festa terá lugar o mércores día 3 de agosto e, ademais de Dover, David de María e Muchachito, este verán pasarán por Fefiñáns a banda Danza Invisible, os grupos The Clams, Costa Oeste, Los Chavales, Mangomango e Isi. Estas actuacións configuran un cartel de luxo como poucas vilas galegas poden presentar.
O domingo 7 vanse celebrar os actos solemnes de proclamación de cabaleiros e donas, xunto co pregón e a entrega dos premios ós mellores albariños da anada. A praza de Fefiñáns acollerá un espectáculo de peche especialmente destinado o público infantil: o Albariño dos máis pequeniños presentará un festival de Payasolandia, con Bob Esponja, Dora Exploradora, Phineas y Fherb e todas as personxes infantís da tele.
| Muchachito Bombo Infierno |
Entre as novidades atopamos eventos profesionais, como a Mostra dos Produtos da Horta auspiciada polas cooperativas Horsal e Hortumia, o Túnel Profesional do Viño, ou a I Xuntanza de Cetreiros organizada pola Asociación Galega de Cetrería. Tamén se conmemoran os 400 anos da Confraría de San Roque emais un Festival da Pulga a beneficio da Asociación Protectora de Animais. Hoxe mesmo preséntase un libro de cartas de Ramón Cabanillas, axiña un ciclo de cine na rúa; noites musicais; concentración de coches e motos antigas; competicións deportivas con máis de 1.400 participantes; actividades infantís didácticas e de lecer; un espectáculo pirotécnico; máis de 25 verbenas e catorce actuacións folclóricas.
Nunha próxima presentación o canciller do Capítulo Serenísimo, Pedro Piñeiro, fará públicos os nomes dos que serán cabaleiros e donas da orde albariñense, trala xuntanza definitiva da táboa do Capítulo que tomará a decisión. O presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño, tamén estará presente. Quen seguro que non estarán presentes e o enologo mas antigo de Cambados Luciano Amoedo e o unico alcalde da democracia que non é cabaleiro Xuan Antonio Pillado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario