9 de xul. de 2011

“MACHU” O DERRADEIRO BALUARTE DO FUTBOL CAMBADÉS

Machu
Sabemos que vivimos nun pobo relativamente pequeno , o cal todos queremos e levamos no corazón, é dificil producir figuras nesto do futbol e os que estivemos neste entramado sabemolo de sobra. O derradeiro baluarte do futbol cambadés é Machu, do cal acabemos de coñecer que vai seguir un ano máis no Vilalonga, polo que nos alegramos por el enormemente, el sabe , porque a idade non perdona que esto do futbol ten un límite polo menos a un bo nivel, e Machu, home intelexente onde os haixa, sabe que xa vai vendo o fin da súa carreira deportiva, pero estamos seguros que como xa comentou en mais dunha ocasión que quere acabar a súa carreira no Club Juventud Cambados, un xesto que lle honra. Estes dias e xa preparandose para a vindeira tempada desprazase a Alemania , concretamnete a Munich con seus amigos os de “Xuga Bonito”, e logo xa comenzar a tempada no Vilalonga , una ano mais, esperemos e desexamos que veña acompañada de moitos éxitos, tanto a nivel personal como a nivel colectivo para Machu. 

Ningún comentario: