10 de xul. de 2011

FRANCISCO FERNANDEZ PON EN APUROS O ALCALDE DE CAMBADOS

O Alcalde non puxo boa cara as peticións de
Fernández Rei  (Foto M. Pillado)

O pasado venres tivo lugar no Pazo de Torrado (A de Ruco Millán) a presentación do libro “Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán en modo de antífona” de Luis Cochón, un  éxito mais das Librarias Cabanillas e Contos . A acto asistiu Victor Caamaño voceiro do BNG. Presentadaba o mesmo o noso Alcalde Luis Aragunde e pechaba o acto o autor do limiar do libro o académico cambadés Francisco Fernández Rei, o cal o remate do seu comentario dixolle o noso alcalde que aproveitando  a ocasión e que estaba a presente neste acto o Alcalde de Cambados, pedieulle tres cousas que xa lle solicitara fai duos anos, concretamente no 2009,  co gallo da presentación do Libro de Luis Rei “Crónica de Desterros e Saudades” sobre Cabanillas,  que foron: a sinalazación dun roteiro sobre Cabanillas e a súa obra, a sinalaización na Praza de Fefiñans da casa natal do noso escritor e por último unha placa na casa onde naceu o poeta na rúa real e outra onde finou na rúa hospital. Como fai sempre Luis prometeulle que desta ia, pero a nosa experiancia nos dí que Luis ten outras prioridades tales como viaxes a Arxentina e xantares espectaculares, coidamos que Paco “O de Xenxa” terallo que lembrar noutra acto a noso Alcalde.

Ningún comentario: