1 de xul. de 2011

JORQUERA INSTA A ZAPATERO A "ESCOITAR A CIDADANÍA E PÓR FREO AO CATÁLOGO DE REFORMAS ANTI-SOCIAIS"

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, fixo balanzo da lexislatura actual na súa intervención no Debate de Política Xeral no Congreso e centrou o seu discurso na situación económica e o Pacto do Euro, na situación de Galiza, nas políticas de axuste e na intervención militar no exterior, e tamén trasladou a Zapatero as propostas do BNG.
A situación de Galiza
En relación ao territorio galego puxo de manifesto a situación de Galiza “periferia da periferia, subordinada no económico e no político”. Salientou as potencialidades do noso pais, “rico en recursos, con cultura de traballo, con capacidade de iniciativa pero cal é a súa realidade?”. Jorquera explicou ao Presidente do Goberno que Galiza pechou o 2010 con 2.000 habitantes menos, remarcando que en “1950 tiñamos case a mesma poboación de hoxe e daquela a poboación de Galiza representaba perto do 10% e agora o 6%”.
Subliñou as cifras do paro de Galiza, “unha das Comunidade onde máis medrou o paro en 2011, onde o número de desocupados se aproxima xa ao de traballadores en activo”. O 22% da poboación galega ten máis de 65 anos fronte a menos dun 16% con menos de 20, sen esquecer a “sangría da emigración xuvenil”. Problemas anteriores pero que a “crise agudizou”.
Mais info en BNG

Ningún comentario: