7 de xul. de 2011

MANIFESTACIÓN DÍA DA PATRIA GALEGA

Un ano máis o Consello Comarcal do Salnés convídate a participar o 25 de Xullo, data na que celebramos o DÍA DA PATRIA GALEGA na MANIFESTACIÓN NACIONAL ás 12 h. da Alameda de Santiago de Compostela.
RESERVA XA O TEU BONO PARA O XANTAR DO DÍA DA PATRIA GALEGA
Ao igual que en anos anteriores e como xeito de proseguir a celebración despois da manifestación, o 25 de xullo organizamos un xantar de confraternidade na Carballeira de San Lourenzo en Compostela.
Para poder participar tes que facer a túa reserva poñéndote en contacto co/a responsábel local do BNG na túa localidade ou na sede comarcal do BNG (telef.:986 565 059 / correo: salnes@bng-galiza.org) antes do mércores 20 de xullo.
O importe do prato é de 22 € para os adultos e de 11 € para nenos e nenas maiores de 6 anos (menores de 6 anos non pagan, pero débese comunicar no caso de que asistan para telos en conta á hora de reservar espazo).
XA PODES CONSULTAR A PROGRAMACIÓN DO FESTIGAL
Na páxina www.festigal.com  podes consultar a programación de de exposicións, debates, presentacións de libros e actuacións musicais da novena edición do Festigal, que organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova se celebrará os días 24 e 25 de xullo no Campus Universitario Sul en Compostela.

Ningún comentario: