| Tania Varela |
No mesmo caso , o fillastro de Laurano Oubiña, Pérez Lago foi considerado autor dun delito contra a saúde publica coa agravante de reincidencia, aínda que coa atenuante de confesión, ao recoñecer a súa culpabilidade.
O alixo que pretendía introducir a organización liderada por Pérez Lago era de seis toneladas de cocaína, aínda que as autoridades só se incautaron de dúas nunha praia na que se atopaba esperando.
Pérez Lago tamén foi condenado ao pago de 318 millóns de euros, á súa inhabilitación durante o tempo de condena e ao pago de xudiciais.
O xuízo contra Pérez Lago e outros trece sospeitosos de vínculos co narcotráfico quedou visto para sentenza o pasado 6 de abril, e na última xornada da vista oral a Fiscalía Anticorrupción rebaixou a petición de pena de 20 a 9 anos de cárcere para o fillastro de Laureano Oubiña por confesar a súa implicación en introducir dous alixos de cocaína a través das costas galegas en abril de 2006.
A Fiscalía rebaixou a súa petición inicial o ter en conta que Pérez Lago recoñeceu que lideraba unha organización para introducir droga de forma continuada así como que colaborou de forma activa no proceso xudicial.
Así mesmo, a Fiscalía retirou a acusación contra dúas dos procesados, aínda que para a avogada de Cambados Tania Varela e José Vidal Dadín reclamou trece anos e medio de prisión ao non chegar a un acordo de conformidade cos seus letrados.
| Tania cando traballa- ba para o Concello de Cambados |
A Varela a Fiscalía considerábaa a persoa que se encargaba de coordinar a organización unha vez detido Pérez Lago, que era a súa parella sentimental. Ao narcoavogado xa falecido Pablo Vioque, que coincidiu en prisión co xefe mafioso Zakhar Kniazevich Kalashov, facilitoulle os contactos con algúns avogados, entre eles Díaz Moñux, que, curiosamente, foi executado cando se coñeceu que a Fiscalía contaba cunha testemuña protexida (Vioque) para fortalecer as súas acusacións contra a mafia ruso-xeorxiana asentada en España. Como xa publicou O CORREO GALEGO e sempre segundo informacións achegadas por especialistas na materia, os pistoleiros que executaron a Díaz Moñux deixaron viva á ex empregada do Concello de Cambados Tania Varela Otero para que esta "advertise a quen tiña que advertir".
Tania Varela, nomeada directamente polo Alcalde do Partido Popular José Manuel Cores Touris exerceu, na súa calidade de avogada, como responsable do Centro de Información á Muller de Cambados ata o ano 2004 , momento no que foi cesada por supostos fallos no exercicio da súa función, segundo publicou FARO DE VIGO. Uns meses antes sufriu un aparatoso accidente de tráfico na vía rápida que a obrigou a permanecer de baixa.
Finalmente, Varela foi condenada a sete anos de prisión, mentres que a pena imposta a Dadín ascende a nove anos e un día de prisión, e para os outros dez membros da organización, a condena foi de sete anos de reclusión.
A Fiscalía rebaixara durante o xuízo a súa petición inicial de dezaoito anos de cárcere a sete ao admitir tamén a súa implicación.
A vista oral do xuízo contra o fillastro de Oubiña e os outros trece acusados celebrouse en abril durante cinco sesións ante a sección primeira da sala do penal da Audiencia Nacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario