| Giraldez, como bo cambadés, gozando dun Albariño. |
O día 30 de xuño pasado toda unha institución en Cambados “pasaba a reserva” o perruqueiro Giraldez , xubilabase, pecha a súa perruqueria a cunha simple nota na porta que dicia: “Clientes y amigos: Os cumunicó que a partir del 30 de Junio cerraré la peluqueria por jubilación. Gracias por todo”. Pero para min Giraldez e algo máis que un simple perruqueiro, é unha persoa dos pes a cabeza, home educado, cabal, comprensible e un gran profesional. So tiña un defecto, que era do Barça. Home dentro das suas posibilidades comprometido coa súa terra, que como a maioria tivo que emigrar a Alemania onde fixo os seus “marcos”, coñeceu a súa muller e compañeira e fixoo o home máis feliz do mundo cando tiveron a súa única filla Sonia, veuse para a súa vila montou a súa perruqueria na Avda de Galicia e tirou pa diante. Cantas risas e discusións temos pasado no Bar German, cando perdia o Madrid aparecia, desaparecia cando gañaba e o co Barça o revés, barcelonista ata e medula pero sempre sabendo respetar os opinións dos demais ainda que foran contrarias as del. No ano 1987 a desaparecida recentemente Asociación Unha Grande Chea adicoulle unha canción a él e mais a varios perruqueiros da vila que dicia “Giraldez, Paulino, Ochitos Picón/tomadelo pelo/costa un mogollon…” e seguia dicindo do noso amigo “Foi a de Giraldez/o amigo Beiras/deixoulle a cabeza/chea de escaleiras…”. Giraldez era un grande admirador de Unha Grande Chea e sempre esperaba os “contrabandos” con ansia , o mesmo tempo que sempre facia a súa critica sobre os mesmos, pero constructiva. Querido amigo Giraldez deixachesme sen perruqueiro, e agora teño un gran problema que teño que elixir un novo, ogallá que o que elixa sexa a metade de boa persoa e gran profesional como foches ti. Unha aperta amigo.
1 comentario:
Moitas grazas Choni. Sempre me tendrás á túa disposición.
Giráldez.
Publicar un comentario