![]() |
PINOCHO ARAGUNDE |
No blog do BNG podemos ver publicada esta nova que reproducimis íntegramente:
“Hoxe o portavoz do BNG de Cambados quedou sorprendido cando leu nos xornais que o goberno municipal do PP afirmaba, un ano despois de estar feita a solicitude, que entregará finalmente o listado de convidados á Festa do Albariño do pasado ano. Sorprendido porque a petición foi feita, por escrito e repetidamente, durante o último ano sen obter ata o momento ningunha resposta oficial.
Resulta unha ridícula mentira ler que non entregaron información por erros informáticos pois os erros os cometen as persoas e non as máquinas. Tamén minte, Luís Aragunde, cando afirma que nunca negaron información, pois de ser isto certo, o BNG non tería que haber recorrido ao amparo do Valedor do Pobo para solicitar información que en todo momento debe de ser pública e transparente; pois nesa información ponse de manifesto que fai o grupo de goberno do PP cos cartos de todos e todas. Por certo, o Valedor do Pobo xa lle solicitou neste último ano, en dúas ocasións, a citada información ao concello de Cambados. CONTINUAR LENDO...
Ningún comentario:
Publicar un comentario