Os pais do colexio San Tome comunicaron que a Audiencia de Pontevedra deulles a razón no caso do acceso traseiro ao centro escolar. A sentenza nace do recurso interposto polos propietarios contra outra resolución xudicial que lle obrigaba a permitir o paso de escolares e proxenitores.
O ditame chegou moito antes do esperado e, de feito, a comunidade escolar e o Concello esperaban que o proceso demorásese, como mínimo un ano. Non foi así, e a portavoz dos pais comunicaba onte que a Audiencia deulles a razón, obriga aos donos a deixar o carreiro en condicións, a deixarlles usalo e a pagar as costas dos dous procesos xudiciais. Así mesmo impídelles realizar labores de agricultura que puidesen impedir o paso de peóns pois, aseguran os pais, nos últimos tempos colocara un sistema de rega.
Os proxenitores mostráronse máis que satisfeitos e esperan dar máis detalles da resolución xudicial .

Ningún comentario:
Publicar un comentario