2 de ago. de 2011

ALBARIÑO: MELLOR CON LENDA

Como todas as cousas cuxo orixe vense a perder  na noite dos tempos, o viño está cheo de lendas; de moi belas lendas, en xeral. O viño... e cada viño. Entre eles, o albariño, ao que Cambados renderá homenaxe por quincuaxésima novena vez o próximo fin de semana, primeiro dos de agosto.
Don Álvaro Cunqueiro, quen se non, foi un decidido impulsor da orixe lendaria do albariño, traído, dicía, polos monxes do Císter alá polo século XII. Era bonito, e daba moito xogo. Pero, como diría Néstor Luján, a ciencia falou, e preciso é calar.
E a ciencia dixo que a uva albariño parece ser autóctona de Galicia. Eu, se por "autóctono" entendemos que é algo que leva nun sitio moitísimo tempo, podo estar de acordo; se se refire a que é orixinario do sitio en que está, xa teño as miñas dúbidas.
O curioso é que, en xeral, aos galegos fixonos ilusión iso de que a albariño sexa autóctona. A min, que queren que lles diga, gustábame máis situar a súa orixe no corazón de Europa, a lenda que o emparentaba, desde o berce, con algúns dos mellores viños da Cristiandade. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: