O domingo pola noite tivo lugar o primeiro acto da festa. Trátase da elección das raíñas. Nesta ocasión o evento desenvolveuse na praza de Fefiñáns. A música correu a cargo do grupo arxentino de tangos de Sergio Veloso, mentres que no concurso das raíñas participaron dez mozas: cinco na modalidade infantil e outras cinco na de maiores. A Raíña Infantil deste ano será Alba Chaves Pérez, e a Maior, Tania Reboeiras Castro.
Alba Chaves é de Oubiña, ten oito anos e estuda no colexio de Tremoedo. Era a primeira vez que se presentaba ao certame, organizado pola asociación de comerciantes Zona Centro e o Concello de Cambados, e apuntouse porque lle facía ilusión. Tania Reboeiras, pola súa banda, tamén é de Oubiña e acaba de terminar o terceiro curso de educación secundaria. Fai uns anos xa gañou o concurso de Raíña Infantil.
Ambas terán que acudir vestidas de gala aos actos institucionais das festas, como son a inauguración ou a comida oficial deste domingo. Neste senso seguimos a recomendar a lectura o artigo de Oscar Pardo Planas sobre este tema en www.cambados.tk.
Ningún comentario:
Publicar un comentario