3 de ago. de 2011

BASES DA III FESTA DO BIGOTE NO RIF ROCK

E aquí están as normas para a 3ª FESTA DO BIGOTE:
 A Festa do Bigote comeza oficialmente despois dos fogos do domingo do Albariño (7 de agosto). Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non, o que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade, a organización non se fai responsable do que lle poida pasar na súa cara ou na roupa...
Este ano haberá dúas categorías a concurso: o Mostacho Absoluto, e o Bigote Falso. A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa aínda durará un par de horas máis) tra-la deliberación do xurado, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). Os aspirantes deberán estar no local para a deliberación e recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación. CONTINUAR LENDO...

Ningún comentario: